Arte Compostelano presente no Museo do Médico Rural Galego.
Autor: admin Páxina 14 de 16
“A Saùde de Galicia” é a Revista oficial do Colexio Médico da Coruña publicada pola editorial Aguamarina comunicacion de forma trimestral baixo a dirección de Francisco Docampo.
Divulga a actividad do COMC e conten informes, reportaxes, entrevistas e artígos de opinión sobre temas actuais que afectan ó mundo da Sanidad, tratados dende unha óptica plural e profesional.
Nó número 59 da Revista correspondente ó mes de setembro de 2020 dedicanlle dúas páxinas ó Museo do Médico Rural de Maceda.
No museo encuentrase instrumental do laboratorio Vidal – farmacéutico de Maceda Juan Vidal-, de principios do século XX, que patentóu tres productos: X2– fármaco composto de sales arsenicales, para o tratamento da sífilis-, Magén-Elexir estomacal-, Peruscabino – ungüento para enfermedades da pel-, e un aparato de raios Siemens, portátil do ano 1930 do seu fillo- médico- Indalecio Vidal Lombán.
O Museo do Médico Rural de Maceda reforza a súa presenza na internet cun espazo web http://www.museomedicoruralmaceda.es.
Trátase dun sitio web elaborado en dous idiomas: castelán e galego e no que pretendemos dúas accións:
Por unha banda, servir de tarxeta de presentación mostrando a historia do museo e o porqué do museo en Maceda, dando as indicacións de onde nos podes atopar e unha breve recensión de que vas atopar se nos visitas, así como unha ponte de comunicación para responder a todas as preguntas que nos queiran formular os visitantes á web.
E un compendio de notas de prensa, programas de televisión e radio, visitantes ao museo, e actividades desempeñadas por e para o museo.
Agradecerlle a José Juan Pérez Ramos a axuda para que puidésemos levar a cabo este proxecto de presenza na Rede, e iremos aumentándoa e esperamos que vos guste.
O presidente da aseguradora A. M.A. América, Diego Murillo, acompañado polo presidente de A. M.A. España, Luís Campos; do conselleiro Luciano Vidán e do director de Comunicación e Marketing, Álvaro Basilio, visitaron o 11 de agosto o concello de Maceda, onde foron recibidos polo alcalde Rubén Quintas
Á visita sumáronse o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, ambos os médicos e mutualistas da Agrupación Mutual Aseguradora. Con esta iniciativa o doutor Murillo quere agradecer a axuda e comprensión que a familia Noboa Bejarano prestáronlle para que a mutua dos profesionais sanitarios desembarcase en #Ecuador, competindo con éxito coas compañías aseguradoras dos Estados Unidos. En sinal de agradecemento, Diego Murillo, que ademais de A. MA. América é presidente da Fundación A. M.A. promoveu a publicación dun libro titulado A rama galega dos Noboa Bejarano de #Ecuador e a Agrupación Mutual Aseguradora no que se recollen as orixes macedanos desta familia que, no século XVII, emigrou ao país irmán e onde dous dos seus membros alcanzaron a presidencia da república.
A xornada comezou cunha recepción no Concello, ofrecida polo alcalde. Alí, Diego Murillo asinou no Libro de Honra, e logo participou nunha reunión na que, á marxe das autoridades citadas, sumáronse o director do Museo do Médico Rural, José Manuel Lage; o cura párroco, Manuel Pérez Vences, e o investigador local, José Juan Pérez Ramos. Despois trasladáronse ao Museo do Médico Rural, que percorreron detidamente. Alí, Diego Murillo entregou ao seu promotor e director unha escultura coa imaxe corporativa da compañía.
Continuaron a visita na Igrexa de San Pedro, do século XVI construída en honra a San Pedro, destacando un sepulcro de granito onde están enterrados os membros da casa de Maceda, máis en concreto Juan Yáñez de Novoa e a súa esposa. Trasladáronse ao Castelo continuando a visita cun percorrido histórico pola fortaleza.
O 2 de agosto de 2020 recibiamos no Museo do Médico Rural a visita do Dr. Villalón e a Dra. María Surroca.
Ademais de visitar as instalacións cedéronnos para o museo material de dentista utilizado antigamente na zona rural.
O venres día 22 de maio de 2020 dentro da programación nocturna da Televisión de Galicia, o Dr. José Manuel Lage foi entrevistado por Gayoso nó número 1219 de Luar.
Presentouse o Museo del Médico Rural de Maceda a gran multitud de seguidores que ten o devandito espazo televisivo.
Minuto 44:18 José María Lage, impulsor do museo do médico rural en Maceda : Enlace