Hoxe, 16 de outubro de 2021, recibimos a visita da Asociación Veciñal Baños de Molgas.

Durante algo máis dunha hora realizaron unha visita no tempo pola historia da medicina rural en xeral e máis concretamente pola influencia da figura do médico rural na nosa zona.

Acompañados das explicacións do doutor José Manuel Lage, fixeron esta visita evocando recordos da infancia e descubrindo curiosidades da figura do médico rural.

A continuación, deixaron un rexistro por escrito de satisfacción polo traballo que o Museo Médico Rural está a levar a cabo para difundir o traballo desenvolvido por estes profesionais médicos nas zonas rurais, asinando o libro de visitas.