Autor: admin Páxina 1 de 19

Presencia en Land Rober

20261012_landRober_04

O 12 outubro 2026 na TVG, no programa Land Rober +Show cerrou o programa cunha entrevista o director do Museo do Médico Rural de Maceda: Dr José Manuel Lage dando o punto de vista da medicina e das características da historia da medicina rural e o Dr. Manuel Viso, internista desde o punto de vista dun médico en activo.

Programa:

Fotos:

Contaxiando saúde

Contagiando Saude

Con Pablo García Vivanco, farmacéutico e Máster en Dietética e Nutrición, Jose Manuel Lage Parente, médico e Director do Museo do Médico Rural (Maceda) e Fernando Folch Spuch, pediatra e divulgador de saúde.

Tándem de colaboradores da Escola Rural De Saúde da Limia compartindo coñecementos coa veciñanza do rural de Ourense o 23 de setembro de 2026.

Visita dende Carballo

Hoxe, 31 de xullo de 2026 recibiamos a visita dun grupo de carballeses encabezados polo profesor e historiador Xan Fraga que visitaron o Museo do Médico Rural quedando gratamente impresionados pola exposición tan didáctica sobre a historia da medicina rural galega do último século e medio.

Na foto: Francisco Xavier, Xosé Ramón, Xan M. é Gloria María Fraga co director do Museo o doctor José Manuel Lage

Visita do Consello Social da UVigo

Hoxe, martes 21 de xullo de 2026, recibimos a visita do Consello Social da UVigo que foron acompañados polas explicacións sobre as exposicións do director do Museo do Médico Rural de Maceda o Dr. José Manuel Lage.

Máis de vinte membros do Consello quedaron impresionados polos obxectos expostos e pola descrición da vocación do médico rural; xa coñecían o Museo, pois anteriormente aprobaran o financiamento dunha colaboración para promover eventos académicos, obradoiros, conferencias e programas educativos para a mocidade.

Aproveitando a visita, o Consello Social da UVigo, celebrou tamén unha sesión plenaria, convertendo a Maceda no primeiro municipio en acoller unha reunión deste tipo e sendo esta a primeira vez que o órgano se reunía fóra de instalacións universitarias ou corporativas.

A asemblea plenaria tivo lugar na sala de plenos do concello de Maceda, e os membros expresaron o seu agradecemento pola hospitalidade dende a dirección do Museo e pola calorosa benvida da alcaldesa de Maceda, Uxía Oviedo.

A sesión serviu tamén para dar a benvida á nova reitora da Universidade de Vigo, Carmen García Mateo, que participou na súa primeira reunión plenaria como máxima responsable da institución. Así mesmo, supuxo o debut da nova secretaria xeral, Emma Rodríguez, e da nova xerente, Ana Comesaña. O presidente do Consello Social manifestou o seu compromiso de manter unha estreita colaboración co novo equipo directivo para seguir avanzando nos grandes retos estratéxicos da universidade.

A xornada rematou cun xantar de confraternidade en “O Lar dos Felos”.

Nova na web Consello Social da UVigo

Galería de Fotos:

Día Internacional dos Museos

O 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos para promover a cultura, o diálogo e a inclusión a través dos museos en todo o mundo.

Foi creado en 1977 polo Consello Internacional de Museos (ICOM) co obxectivo de concienciar sobre a importancia dos museos como espazos de intercambio cultural, educación e cooperación entre povos. Desde entón, celébrase anualmente arredor do 18 de maio, con eventos que poden durar un día, un fin de semana ou incluso unha semana completa. Os museos considéranse lugares de confianza nos que as persoas poden achegarse á historia, á arte e á ciencia, fomentando o respecto, a inclusión e a paz.

Unímonos a esta iniciativa desde o Museo do Médico Rural coa nosa intención de achegar a historia da Medicina Rural e fomentar a investigación e a profundización na figura do Médico e no seu labor.

Xornada Ourensividad 2026

O sábado 27 de xuño de 2026 realizaremos unha nova actividade, celebraremos unha xornada centrada na Lonxevidade organizada pola asociación Ourensividad tomando como base o contorno de Maceda (Ourense) para a súa actividade co seguinte programa:

Conferencia sobre Lonxevidade
Visita guiada ao Museo do Médico Rural
Xantar de convivencia (Prezo comida: 10€ Socios; 25 € Non Socios)
Visita ao Museo Etnográfico “Os Nosos Devanceiros” no Santuario dos Milagres.

Dispoñen de prazas limitadas, rogarase inscribirse no seguinte formulario antes do 15 de xuño de 2026:

Formulario: https://forms.gle/ny8qVkwAepQqgQsy6

Será unha excelente oportunidade para compartir experiencias e poñer en valor o noso patrimonio cultural.

Ourensividad en La Región

Baixo o título: “Poñer a lonxevidade no foco” o xornal “La Región” publica na súa sección “A Maiores” un artigo sobre Ourensividade, e como a asociación propón realizar plans de promoción da saúde en distintos concellos da provincia.

Visita PUM

O venres, 30 de abril de 2026, recibimos no Museo do Médico Rural de Maceda a alumnos do programa universitario de maiores (PUM) do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.

Acompañados polo noso director, o doutor José Manuel Lage, plantexaron a visita como unha clase práctica na que, tomando como base o máis que suficiente material existente no museo, comprender a evolución da medicina rural, non só en Galicia, senón en España, ao longo do século vinte.

Ao rematar a visita puideron intercambiar impresións en “A Fenda” durante a comida e estando de acordo en valorar a experiencia como de 10, quedando impresionados co museo, co percorrido guiado e coa elección do restaurante.

Galeria de Imaxes

Homenaxe aos médicos rurais

Organizado polo Colexio Oficial de Médicos de Zamora e o Comité Nacional de Atención Primaria Rural da Asociación Médica Española (OMC), celebrouse os días 6 e 7 de marzo de 2026 unha reunión dedicada á medicina rural. Profesionais de toda España reuníronse para analizar os desafíos da atención primaria no rural e render homenaxe aos médicos que dedicaron o seu traballo aos pequenos pobos.

O evento central tivo lugar o sábado coa homenaxe aos médicos rurais e a mesa redonda “Medicina Rural: Pasado, Presente e Futuro”. Os relatores foron Juan José Rodríguez Sendín, María del Carmen Arias e Delia de Lucas, e Celia Román moderou o debate, que analizou a evolución deste modelo de atención sanitaria e os desafíos aos que se enfronta na actualidade.

Durante a reunión, destacouse o papel esencial que os médicos rurais desempeñaron historicamente na prestación de asistencia sanitaria ás poboacións máis dispersas, así como a importancia de garantir a renovación xeracional e mellorar as condicións profesionais para garantir a continuidade da atención nestas zonas.

A xornada concluíu cunha conferencia do doutor Serafín Romero Agüit dedicada á dimensión humana e social da práctica médica no ámbito rural e cun acto simbólico de recoñecemento ao traballo dos profesionais que exerceron neste ámbito sanitario.

O Museo do Médico Rural estivo representado polo doutor José Manuel Lage, o seu director que recibiu unha figura do médico rural Hermenegildo Marcos do vicepresidente da Unión Europea de médicos xerais.

Imáxes:

Xornada Medicina Rural

A Xornada de Medicina Rural de SEMG (Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia) organizada por FifSemg (Fundación para a investigación e a Formación da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia) coa colaboración do Laboratorio farmacéutico: Menarini España e o GrupoPacifico na secretaría técnica que se celebra o 27 e 28 de febreiro de 2026 en Ribadavia (Ourense)

A xornada quere converterse nun punto de encontro anual para médicos de familia no que compartir innovación, crear redes de colaboración e visibilizar a importancia da Medicina Rural cos seguintes obxectivos:

  • Compartir experiencias innovadoras en Medicina Rural.
  • Establecer redes de colaboración entre profesionais e administracións.
  • Visibilizar o papel da Medicina Rural na sustentabilidade do sistema sanitario.
  • Elaborar de forma participativa un Decálogo RURAL+ sobre Medicina Rural.
  • Deixar pegada científica cunha publicación colaborativa.

O Museo do Médico Rural estará presente dentro do programa científico o venres 27 de febreiro ás 17:30 h. cun relatorio baixo o título: “Coidar no rural: memoria, identidade e futuro desde o Museo de Medicina Rural” impartida polo director do Museo, o Médico de Familia, José Manuel Lage.

nferencia:

Crónica fotográfica:

Páxina 1 de 19

Funciona con WordPress & Tema de Anders Norén