Este é o P.P. Rogelio Díaz Cortés conselleiro provincial, promotor vocacional e director espiritual do Colexio Seminario de Costa Rica e P. P. Luis Roberto Suárez Cordero, Vicario da Misión de Talamanca e tesoureiro provincial, os dous Pais Paules da Congregación da Misión pertencentes ao Vice- Provincia de Costa Rica
Con motivo da celebración das festas patronais de Maceda e os moitos visitantes que acercanse decidimos ter aberto o Museo (situado no andar baixo do Concello de Maceda) dende o venres día 9 hasta o martes 13 de agosto de 2024 en horario de 10 a 12h da maña e de 5 a 7 da tarde.
Vemonos n0 Museo do Médico Rural, Esperamovos !!!!!
O 11 de xullo de 2024 recibíamos no Museo a visita dos investigadores Mario Rubiu e Ana Canelada
Estes investigadores continúan a visita que iniciaron co demógrafo Michel Poulain a Galicia, para observar de primeira man, se pode converterse na primeira rexión española e na sexta do mundo en contar cunha Blue Zone, a distinción outorgada por un comité científico internacional. aos territorios con maior esperanza de vida.
Se Galicia recibe este recoñecemento formaría parte deste club con mellor calidade de vida para os maiores, xunto con Sardeña (Italia), Ikaria (Grecia), Martinica (Francia), Nicoya (Costa Rica) e Okinawa (Xapón).
A visita ao Museo complementouse cun intercambio de experiencias, vivencias e observacións sobre os estilos de vida dos longevos de Galicia e as múltiples semellanzas con Cerceña durante o xantar no Hotel Monumento Castillo de Maceda.
Durante a visita realizaron unha viaxe pola historia da Medicina Rural da man do director do Museo o doutor José Manuel Lage e interesándose polas moitas das curiosidades e o coñocimento nesta área.
O 25 de abril de 2024 recibimos a visita de membros do Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Ourense organizado pola Oficina de Médicos Maiores/Xubilados.
A visita ao Museo foi con motivo dunha excursión na que chegaron ao Museo onde foron recibidos pola alcaldesa do concello de Maceda, Uxia Oviedo, e o director do Museo, o doutor José Manuel Lage.
Durante a visita estiveron acompañados pola nosa directora explicando as diferentes salas que compoñen o museo.
A continuación, como complemento ao Museo, visitaron o Castelo de Maceda, alí comeron e regresaron gratamente impresionados pola excursión.
Durante a visita estiveron acompañados polo doutor José Manuel Lage, director do Museo, e quedaron gratamente impresionados tanto pola ampla colección de obxectos que alberga o Museo como pola distribución e explicación de cada sala, facendo un percorrido didáctico e entretido por a historia da medicina rural do século pasado.
O martes día 5 de marzo de 2024 tivo lugar unha visita o Museo do Médico Rural de Maceda organizado polo Centro Sociocomunitario de Maceda dependente da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
Sairon do centro sociocomunitario situado na rúa Principal nº2 de Maceda, ás 11:00 h. en dirección o Museo.
Na visita contaron como guía das explicacións do director do Museo, o doctor José Manuel Lage.
Así, o 15 de decembro de 2023 recibimos a 40 membros de Cotehga, Comisión de Técnicos Hospitalarios de Galicia. Esta comisión encárgase, entre outras cuestións, de estudar ideas en desenvolvemento, innovacións tecnolóxicas e oportunidades de mellora dentro do ámbito da enxeñaría dedicada á sanidade.
Aproveitaron a visita para doar varias pezas ao Museo.
Para levar a cabo esta tarefa, AFAOR tece unha rede de colaboración entre entidades públicas e privadas e os seus asociados, pensando en ofrecer aqueles servizos que faciliten a vida cotiá dos enfermos de Alzheimer e de todo o seu entorno.
Hoxe xoves 2 de novembro de 2023 tivemos unha reunión co persoal representativo da agrupación local de Cruz Vermella de Maceda para sentar as bases de colaboración entre esta entidade e o Museo do Médico Rural de Maceda.