O 25 de abril de 2024 recibimos a visita de membros do Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Ourense organizado pola Oficina de Médicos Maiores/Xubilados.

A visita ao Museo foi con motivo dunha excursión na que chegaron ao Museo onde foron recibidos pola alcaldesa do concello de Maceda, Uxia Oviedo, e o director do Museo, o doutor José Manuel Lage.

Durante a visita estiveron acompañados pola nosa directora explicando as diferentes salas que compoñen o museo.

A continuación, como complemento ao Museo, visitaron o Castelo de Maceda, alí comeron e regresaron gratamente impresionados pola excursión.

Galería de imágenes: