Froito da participación do doutor José Manuel Lage, director do Museo do Médico Rural, en outubro de 2023 no congreso organizado pola Asociación Española de Enxeñaría Hospitalaria para todos os profesionais do sector e a expectación sobre a colección que alberga o Museo. , fixo a visita de hoxe.

Así, o 15 de decembro de 2023 recibimos a 40 membros de Cotehga, Comisión de Técnicos Hospitalarios de Galicia. Esta comisión encárgase, entre outras cuestións, de estudar ideas en desenvolvemento, innovacións tecnolóxicas e oportunidades de mellora dentro do ámbito da enxeñaría dedicada á sanidade.

Aproveitaron a visita para doar varias pezas ao Museo.

Tras a visita dirixíronse ao Hotel Monumento Castillo de Maceda para seguir disfrutando dunha comida fraternal.