Durante toda a xornada do 2 de decembro de 2023 tivo lugar nas instalacións do Hotel Monumento Castelo de Maceda unha xornada de traballo do Padroado da Fundación Museo Médico Rural.

Reunión Patronato
Reunión Patronato

O padroado da Fundación está integrado pola Asociación do Museo Médico Rural de Maceda, representada por José Manuel Lage Parente, como presidente; a Entidade Nacional de Saúde, PSN, Mutua de Seguros e Reaseguros a Prima Fija, representada por D. Miguel José Carrero López; o Colexio de Médicos de Galicia, representado por Julio Ancochea Bermúdez; e a Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, representada por Francisco Martelo Villar, como vogais.

Na xornada de traballo analizouse o balance tanto das actuacións e actividades realizadas no ano que remata como da programación do Museo para o futuro.

Remataron a xornada gozando da gastronomía do Castelo nas noites de Fado e da música de María do Ceo.