Categoría: Actualidade Páxina 2 de 17

Visita do “ICOIIG”

O 23 de novembro de 2024 recibimos a visita da Delegación de Ourense do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais e con eles os delegados dos diferentes Colexios Oficiais de toda Galicia no Museo do Médico Rural de Maceda.

Durante a visita recibiron explicacións do director do Museo, o doutor José Manuel Lage, e compartiron anécdotas e vivencias relacionadas coa historia da medicina.

O Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOEIG) é a corporación de dereito público que engloba persoas coa titulación de enxeñeiro industrial que desenvolven a súa profesión no mesmo ámbito xeográfico (Galicia), cuxo obxectivo é defender os lexítimos intereses dos colexiados, así como ordenar e valorar a súa actividade profesional na sociedade

A finalidade do colexio é:

  • Ordenar o exercicio da profesión
  • Ostentar a representación da profesión e a defensa da mesma ante os estamentos oficiais.
  • A defensa dos intereses profesionais dos colexiados.
  • Promover o desenvolvemento industrial sostible.

Vida, La Región 03/11/2024

Baixo o título: «En Recuerdo al médico del rural en Laza» o xornal “La Región” de Ourense, no seu suplemento de sociedade “Vida” recolle unha breve crónica gráfica sobre as xornadas de homenaxe o médico Rural en Laza e a inauguración oficial da escultura sobre o médico Rural.

Visita de “A Cantarela”

O 27 de outubro de 2024 recibiamos a visita da Agrupación Micolóxica de Vilagarcía de Arousa “A Cantarela” ao Museo do Médico Rural de Maceda.

Durante a visita contaron coas explicacións do director do Museo o doutor José Manuel Lage e compartiron anécdotas e vivencias relacionadas coa historia da medicina.

O ano 1.979, a Axencia de Extensión Agraria de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) organizou unhas charlas sobre Micoloxía que foron a semente dunha afección que daría pé á fundación, no ano 1.983, da Agrupación Micolóxica de Vilagarcía de Arousa “A Cantarela”, desde ese ano celebráronse diversas actividades, este mes de novembro organizaron esta xornada dentro do “Outono Micolóxico”.

Un vínculo de proximidade e esperanza

O día 26 de outubro de 2024 celebrarase no salón de plenos do Concello de Laza unha Homenaxe ao Médico Rural baixo o título: “Vínculo de proximidade e esperanza”. Organizado por Asomega e SEMG-Galicia en colaboración coa Deputación e dirixido a poñer en valor a figura do médico da vila.

Ao longo da sesión, que comezará ás 12 horas, intervirán:

  • Julio Ancochea, xefe do Servizo de Pneumoloxía do Hospital Universitario La Princesa de Madrid e presidente de Asomega
  • Keith Albert Foo, presidente de SEMG Galicia e médico de familia en Laza.
  • José Manuel Solla, médico pontevedrés destinado en Allariz e expresidente nacional da SEMG.
  • José Manuel Lage, médico e director do Museo Médico Rural de Maceda.
  • Roberto Fernández, médico de Atención Primaria de Allariz e gañador do XLI Premio Eduardo Blanco Amor de novela longa.

O obxectivo: enxalzar a figura de médicos que foron “un exemplo de profesionalidade e humanidade a partes iguais, que compensaron as múltiples dificultades e carencias que tiveron que afrontar con habilidade e proximidade aos seus pacientes”.

Durante esta xornada inaugurarase unha estatua en homenaxe aos médicos que prestan servizo no rural, obra do recoñecido escultor alaricano Arturo Andrade, e que se colocará nos novos xardíns fronte ao concello de Laza.

Trátase dunha homenaxe visual e simbólica á figura do médico rural, xa que, segundo Foo, “representa un médico con sombreiro e maletín, camiñando contra o vento, metáfora do profesional que, a pesar das dificultades, chega incansablemente. ao coidado dos seus pacientes Esta homenaxe érguese nun lugar idílico, na Ruta da Prata do Camiño de Santiago que atravesa todo o centro da vila”, explica.

Visita Institucional do Conselleiro de Sanidade

O xoves 3 de outubro de 2024, recibíamos no Museo do Médico Rural de Maceda a visita de D. Antonio Gómez Caamaño en visita oficial como Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia.

O conselleiro foi recibido no Museo por Dr. Manuel Lage Parente, fundador e director do Museo, que foi o responsable de guiar a visita.

Durante a visita estivo acompañado de Dª. Uxia Oviedo de Dios, alcaldesa do Concello de Maceda, Dª. Sofía López Linares, directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria da Consellería de Sanidade, Dª. Laura López del Castillo, directora territorial da Consellería de Sanidade en Ourense y D. Celso Sánchez González, concelleiro de Cultura e Sanidade do Concello de Maceda.

Na visita manifestou a importancia deste proxecto que el xa coñecía e había visitado antes de ser nomeado conselleiro de Sanidade e o compromiso firme do apoio institucional.

O conselleiro, a continuación do Museo do Médico Rural de Maceda, visitou Xunqueira de Ambía para coñecer unha farmacia adherida ao programa de dosificación de tratamentos onde reivindicou a medicina e a farmacia rural pola súa “proximidade” e potencialidade de ofrecer unha atención “personalizada” aos pacientes.

Desta visita fixéronse eco distintos medios de comunicación como

EuropaPress

Faro de Vigo

La Región

Vida, La Región (22/09/2024)

Baixo o título: «Exposición sobre a Medicina Rural» o xornal “La Región” de Ourense, no seu suplemento de sociedade “Vida” recolle unha breve crónica gráfica sobre a inauguración oficial da exposición sobre a historia da medicina rural en Galicia no colexio Santa Leonor de Trives e que se poderá visitar ata fin de ano de 2024

Carmiña visita o Museo do Médico Rural

O mércores 18 de setembro de 2024, ás cinco da tarde, recibiamos a visita de María del Carmen Rodríguez Vázquez (Carmiña) como nos prometía cando nos recibía na súa casa no mes de maio deste ano.

Carmiña, que conta con 95 anos de idade, viúva do doutor Manuel Álvarez Vázquez que viviu entre 1896 e 1990 coñecido como médico de Ramiranes onde exerceu como médico rural utilizando o cabalo para ir visitar aos seus pacientes e famoso por conservarse varias fotografías trasladándose aos domicilios a lombos da súa montura.

Durante a visita, acompañada do doutor José Manuel Lage, director do Museo, manifestou a gran ilusión que tiña e que un dos seus desexos era visitar o museo e facerse unha foto á beira do retrato do seu esposo.

Relatounos historias da súa dilatada vida e do seu esposo das súas vidas e da súa experiencia no exercicio da medicina rural.

Asomega (15/09/2024)

Baixo o título: « Trives acoge la exposición Historia da Medicina Rural Galega, avalada por Asomega y SEMG » recóllese a crónica sobre a inauguración oficial da exposición sobre a historia da medicina rural en Galicia no colexio Santa Leonor de Trives no boletín informativo que é publicado pola Asociación de médicos galegos (Asomega), contendo tamén as palabras integras dedicadas por Julio Ancochea, presidente de Asomega na súa intervención na devandita inauguración.

La Región (14/09/2024)

Baixo o título: « Trives inaugura la exposición de medicina rural » o xornal “La Región” de Ourense recolle a crónica sobre a inauguración oficial da exposición sobre a historia da medicina rural en Galicia no colexio Santa Leonor de Trives e que se poderá visitar ata fin de ano de 2024

La Voz de Galicia (14/09/2024)

Baixo o título: « De cuando el médico iba a caballo a pasar consulta casa por casa… y sin cobrar» o xornal “La Voz de Galicia” recolle a crónica sobre a inauguración oficial da exposición sobre a historia da medicina rural en Galicia no colexio Santa Leonor de Trives e que se poderá visitar ata fin de ano de 2024

Páxina 2 de 17

Funciona con WordPress & Tema de Anders Norén