Audioguía del Museo
Audioguía del Museo

Puxemos a disposición dos visitantes do Museo do Médico Rural unha audioguía con descricións tanto de cada sala que compoñen a colección como dalgunhas pezas ou espazos máis concretos.

Os visitantes poderán escanear códigos QR colocados por todo o museo para facer a experiencia do museo máis interactiva e inmersiva. O fácil acceso á información en formato audio con información relevante sobre o que alí se amosa axúdanos coas narracións e ser individualizados fainos marcar o noso propio ritmo de visita.

Así, por outra banda, a implantación de códigos QR é unha forma económica e sostible de enriquecer a visita ao Museo, non requirindo grandes investimentos e podendo adaptarse a todo tipo de usuarios e necesidades.

AudioGuia