Autor: admin Páxina 5 de 18

Visita Universidade de Maiores de Ourense

O xoves, 9 de maio de 2024, recibimos no Museo do Médico Rural de Maceda a un grupo de alumnos e profesores do Programa Universitario de Maiores do Campus de Ourense da Universidad de Vigo.

Durante a visita realizaron unha viaxe pola historia da Medicina Rural da man do director do Museo o doutor José Manuel Lage e interesándose polas moitas das curiosidades e o coñocimento nesta área.

Fotos da Visita:

Xestión e Evaluación en Salud

Os días 8, 9 e 10 de maio de 2024 celebraronse no Auditorio Municipal de Ourense as XVII Xornadas de Xestión e Avaliación Sanitaria.

“Máis de 400 traballadores da saúde reunironse no marco de conferencias médicas relevantes a nivel nacional e internacional”. Durante o acto trataronse temas como “o uso de recursos sostibles, as novas tecnoloxías, a economía circular e o impacto ambiental”. O que importa é mellorar a atención ao paciente”. Ademais, salientouse a importancia dos 7 obradoiros de “alto impacto internacional”.

O propósito do evento foi “compartir experiencias e actualizar información para mellorar a asistencia sanitaria”.

O Museo do Médico Rural de Maceda estivo presente cunha exposición que presenta a realidade do Museo e un espazo de historia médica así como a nosa participación na ponencia sobre Atención Primaria.

Moitos dos asistentes interesaronse polo Museo. O día da inauguración do Congreso tivemos a visita de honra do Presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor Pérez.

Más información: https://www.xviijornadasgestion.com

Galería de imágenes:

Día internacional das Parteras

El 5 de mayo se celebra anualmente el Día Internacional de las Parteras desde 1992, establecida por la Confederación Internacional de Parteras (ICM) en 1987 y respaldada por la Organización Mundial de la Salud (OMS) y UNICEF.

La iniciativa buscaba honrar y reconocer el papel esencial de las comadronas en la atención a la salud maternal y neonatal.

Desde el Museo queremos reconocer el papel fundamental de estas personas y ponerlas en valor, primeramente como Genoveva Vázquez Calviño, la “partureira de Xinzo”, dedicadas a la atención a las mujeres hasta avanzado el S. XX, siempre de manera altruista y con escasos medios, posteriormente las comadronas y matronas quienes tomaron el relevo desde la Sanidad Pública, con una función ampliada en la atención a las diferentes etapas de la salud de la mujer a lo largo de la vida.

Aquí mostramos el panel que se encuentra en el museo elaborado a partir de un estudio de los doctores José Manuel Lage y Roberto Fernández en colaboración de la Asociación Escola Rural de Saúde da Limia de Genoveva que vivió des 1896 a 1971 y ayudó a traer al mundo a numerosos niños en una época de dificultades.

Con este motivo, y organizado por la Escola Rural de Saúde da Limia efectuaron una visita al Museo del Médico Rural de Maceda el jueves 2 de mayo,

Galería de imágenes de la visita:

La Voz de Galicia (04/05/2024)

Baixo o título: “Genoveva Vázquez, a partureira de Xinzo, ya tiene su sitio en el Museo del Médico Rural de Maceda” o xornal La Voz de Galicia recolle un acto de celebración do día internacional da Partera do Museo do Medico Rural en colaboración co a Escola de Saúde da Limia e a colocación dun mural sobre o tema.

Visita Colegio Médicos de Ourense

O 25 de abril de 2024 recibimos a visita de membros do Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Ourense organizado pola Oficina de Médicos Maiores/Xubilados.

A visita ao Museo foi con motivo dunha excursión na que chegaron ao Museo onde foron recibidos pola alcaldesa do concello de Maceda, Uxia Oviedo, e o director do Museo, o doutor José Manuel Lage.

Durante a visita estiveron acompañados pola nosa directora explicando as diferentes salas que compoñen o museo.

A continuación, como complemento ao Museo, visitaron o Castelo de Maceda, alí comeron e regresaron gratamente impresionados pola excursión.

Galería de imágenes:

1º aniversario Ourensividade

O 25 de abril de 2024 reunímonos no Liceo de Ourense para celebrar o primeiro aniversario da Asociación Ourensividad coa asistencia de máis de 200 persoas.

A inauguración do acto correu a cargo do Coro Escolar Plurilingüe Padre Feijoo-Zorelle, que dentro do seu repertorio convidou a todos os asistentes a acompañalos a través do baile.

A continuación, Cristina Conde Rodríguez, vicepresidenta de Ourensividad, fixo un breve resumo das actividades, medios que se fixeron eco do noso bo facer, algunhas das asociacións coas que colaboramos e un resumo fotográfico das actividades de todo este ano.

O presidente de Ourensividad, Pablo García Vivanco, reiterou o seu agradecemento a todos os presentes e a todos aqueles que o fixeron posible e contribuíron en maior ou menor medida a facer de Ourensividad a realidade que é, destacou os determinantes máis importantes da lonxevidade da a provincia de Ourense, sobre todo no importante que é a frescura dos alimentos, dando o feito de que Galicia é a primeira comunidade en consumo de alimentos frescos e a última en alimentos procesados.

Como parte central tivo lugar unha mesa redonda na que se abordaron diferentes determinantes da lonxevidade que temos na provincia. A mesa estivo moderada polo xornalista Juan Maceiras e contamos co presidente da asociación, o farmacéutico e nutricionista Pablo García Vivanco, que nos falou da lonxevidade dende o punto de vista da nosa Dieta Atlántica. A continuación, interveu o experto en termalismo, o experto en hidroloxía médica Antonio Freire, quen explicou a importancia das augas minerais para a saúde e as indicacións terapéuticas das augas termais. A mesa redonda concluíu con José María Failde, doutor en psicoloxía e presidente da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía, quen explicou a lonxevidade desde a perspectiva do envellecemento saudable e a importancia do encontro interxeracional.

Da man de Álvaro González, máis coñecido como DJ Tibu, homenaxeouse a catro centenarios, Esperanza, Laura, Olimpia e Pepa, aos que se lles entregou un pequeno detalle de agarimo por parte da asociación, a entrega correu a cargo de Manuel Pardo Cid, Delegado da Xunta en Ourense; Rosendo Fernández Fernández, presidente de Inorde, Turismo, Termalismo, representante da Deputación de Ourense; Tamara Silva Cid, concelleira do concello de Ourense na área de Dinamización, Facenda e Política Social e Pablo García Vivanco, presidente de Ourensividad.

O acto remata cunha interacción entre os nenos e nenas da Coral Escola Plurilingüe Padre Feijoo-Zorelle, que fixeron unhas preguntas aos centenarios.

A despedida correu a cargo do doutor José Manuel Lage, director do Museo do Médico Rural de Maceda e vicepresidente da asociación Ourensividad, quen reiterou o seu agradecemento a todas e todos, institucións, asociacións, particulares, amigos, que o fixeron posible e fan a realidade da Ourensividade é posible, granito a granito, sumando enerxía e esforzos.

Galería de imágenes:

El Faro de Vigo (27/04/2024)

Bajo el título “Maceda custodia la historia de la medicina rural” se hacía eco el diario Faro de Vigo de la visita de la Sociedad Española de Médicos Generales y de Familia.

Noticia digital:

https://www.farodevigo.es/ourense/2024/04/27/maceda-custodia-historia-medicina-rural-101630060.html

SEMG (26/04/2024)

Bajo el título: ”Un verdadero paseo por la historia de la medicina rural” recoge a modo de crónica y galería fotográfica la visita realizada por Pilar Rodríguez Ledo, presidenta de la Sociedad Española de Médicos Generales y de Familia (SEMG) al Museo del Médico Rural de Maceda en su página web.

Noticia completa:

https://www.semg.es/index.php/noticias/item/1094-noticias-20240426

Visita de Pilar Rodríguez Ledo

Hoxe, 21 de abril de 2024, recibimos no Museo do Médico Rural de Maceda a visita da doutora Pilar Rodríguez Ledo, presidenta da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia (SEMG), , que tamén preside a Rede Española de Investigación do Covid. REiCOP), e tamén é subdirectora da Área Sanitaria da Mariña, Lugo e Monforte de Lemos, e de Humanización, Calidade e Atención ao Cidadán do Hospital Universitario Lucus Augusti, de Lugo.

Durante a visita estiveron acompañados polo doutor José Manuel Lage, director do Museo, e quedaron gratamente impresionados tanto pola ampla colección de obxectos que alberga o Museo como pola distribución e explicación de cada sala, facendo un percorrido didáctico e entretido por a historia da medicina rural do século pasado.

Galería de imaxes:

Audioguía do Museo

Audioguía del Museo
Audioguía del Museo

Puxemos a disposición dos visitantes do Museo do Médico Rural unha audioguía con descricións tanto de cada sala que compoñen a colección como dalgunhas pezas ou espazos máis concretos.

Os visitantes poderán escanear códigos QR colocados por todo o museo para facer a experiencia do museo máis interactiva e inmersiva. O fácil acceso á información en formato audio con información relevante sobre o que alí se amosa axúdanos coas narracións e ser individualizados fainos marcar o noso propio ritmo de visita.

Así, por outra banda, a implantación de códigos QR é unha forma económica e sostible de enriquecer a visita ao Museo, non requirindo grandes investimentos e podendo adaptarse a todo tipo de usuarios e necesidades.

AudioGuia

Páxina 5 de 18

Funciona con WordPress & Tema de Anders Norén