Hoxe martes 27 de setembro de 2022 recibimos no Museo Médico Rural de Maceda ao doutor José María Vázquez Pérez, coñecido como o médico dos pobres.

O doutor José María, auténtico médico rural, nado en Arnoia en 1931, que exerceu a súa profesión en Arnoia, despois en Carballeda de Avia durante 15 anos e en Ribadavia. Hoxe ten 92 anos e ata hai un ano estivo activo, atendendo aos seus pacientes e amigos.

Presentouse á alcaldía de Ribadavia nas primeiras eleccións democráticas, sendo elixido alcalde e exercendo como tal durante 10 anos non consecutivos.

Quedou impresionado coa visita e lembrou a súa vocación humanitaria e vocacional

Acompañouno o seu xenro, José Antonio Aguado, exdirector do Centro Social Comunitario de Maceda.