A Unidade Docente Multidisciplinar de Saúde Mental de Ourense, na que se están a formar os futuros e futuras especialistas en psiquiatría, psicoloxía clínica e enfermería de saúde mental visitou o xoves 20 outubro de 2022 o Museo do Médico Rural de Maceda.

Na visita estiveron acompañados polo doutor José Manuel Lage Parente, promotor do museo, para o que que durante moitos anos recolleu información e obxectos de uso habitual por distintos profesionais da medicina rural de todo o país.

O Museo do Médico rural de Maceda rende homenaxe a eses heroes silenciosos dos que non se adoita falar pero que tiveron unha importancia capital nas nosas vidas. Como sinala o propio Lage, o museo «lembra a ese médico que estaba aí desde o nacemento ata o final, camiñando ao domicilio do paciente por camiños ás veces inhóspitos para explicar unhas análises, atender un parto ou curar a un accidentado».

Mais información