Contamos no Museo coa visita do persoal sanitario da Comarca de Maceda.

Esta semana hemos tenido una visita internacional, se trata del Prof. Dr. Andreas Klement, profesor de medicina en Halle con consulta en la ciudad de Dresden, Alemania.
Ha estado visitando la zona y no ha perdido la oportunidad de visitar el museo y compartir experiencias con el Doctor José Manuel Lage, director del Museo del Médico Rural.
Hoxe, 16 de outubro de 2021, recibimos a visita da Asociación Veciñal Baños de Molgas.
Durante algo máis dunha hora realizaron unha visita no tempo pola historia da medicina rural en xeral e máis concretamente pola influencia da figura do médico rural na nosa zona.
Acompañados das explicacións do doutor José Manuel Lage, fixeron esta visita evocando recordos da infancia e descubrindo curiosidades da figura do médico rural.
A continuación, deixaron un rexistro por escrito de satisfacción polo traballo que o Museo Médico Rural está a levar a cabo para difundir o traballo desenvolvido por estes profesionais médicos nas zonas rurais, asinando o libro de visitas.
Persoal directivo da Casa do Patrón de Lalín visitou hoxe, martes 12 de outubro de 2021, o Museo do Médico Rural de Maceda (Ourense), onde recoñeceron: “a extraordinaria homenaxe ao impagable traballo do médico rural na nosa Galicia, feito dende o corazón por un médico exemplar que exerceu a súa profesión por aquelas terras durante 42 anos.
Sen dúbida unha persoa fóra do común, que continúa loitando por mellorar a vida das xentes do noso rural despois da súa xubilación, dun xeito totalmente altruísta e xeneroso. Parabens o noso amigo Dr. José Lage.”
Dende o Museo estamos colaborando coa recreación de un consultorio do médico rural no seu museo etnográfico y que entregamos diversos instrumentos médicos…
No museo encuentrase instrumental do laboratorio Vidal – farmacéutico de Maceda Juan Vidal-, de principios do século XX, que patentóu tres productos: X2– fármaco composto de sales arsenicales, para o tratamento da sífilis-, Magén-Elexir estomacal-, Peruscabino – ungüento para enfermedades da pel-, e un aparato de raios Siemens, portátil do ano 1930 do seu fillo- médico- Indalecio Vidal Lombán.
O presidente da aseguradora A. M.A. América, Diego Murillo, acompañado polo presidente de A. M.A. España, Luís Campos; do conselleiro Luciano Vidán e do director de Comunicación e Marketing, Álvaro Basilio, visitaron o 11 de agosto o concello de Maceda, onde foron recibidos polo alcalde Rubén Quintas
Á visita sumáronse o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, ambos os médicos e mutualistas da Agrupación Mutual Aseguradora. Con esta iniciativa o doutor Murillo quere agradecer a axuda e comprensión que a familia Noboa Bejarano prestáronlle para que a mutua dos profesionais sanitarios desembarcase en #Ecuador, competindo con éxito coas compañías aseguradoras dos Estados Unidos. En sinal de agradecemento, Diego Murillo, que ademais de A. MA. América é presidente da Fundación A. M.A. promoveu a publicación dun libro titulado A rama galega dos Noboa Bejarano de #Ecuador e a Agrupación Mutual Aseguradora no que se recollen as orixes macedanos desta familia que, no século XVII, emigrou ao país irmán e onde dous dos seus membros alcanzaron a presidencia da república.
A xornada comezou cunha recepción no Concello, ofrecida polo alcalde. Alí, Diego Murillo asinou no Libro de Honra, e logo participou nunha reunión na que, á marxe das autoridades citadas, sumáronse o director do Museo do Médico Rural, José Manuel Lage; o cura párroco, Manuel Pérez Vences, e o investigador local, José Juan Pérez Ramos. Despois trasladáronse ao Museo do Médico Rural, que percorreron detidamente. Alí, Diego Murillo entregou ao seu promotor e director unha escultura coa imaxe corporativa da compañía.
Continuaron a visita na Igrexa de San Pedro, do século XVI construída en honra a San Pedro, destacando un sepulcro de granito onde están enterrados os membros da casa de Maceda, máis en concreto Juan Yáñez de Novoa e a súa esposa. Trasladáronse ao Castelo continuando a visita cun percorrido histórico pola fortaleza.
O 2 de agosto de 2020 recibiamos no Museo do Médico Rural a visita do Dr. Villalón e a Dra. María Surroca.
Ademais de visitar as instalacións cedéronnos para o museo material de dentista utilizado antigamente na zona rural.
O 3 de xaneiro de 2020 recibimos de mans da pintora Ourensá Mayte Vázquez un cadro de cerámica para a fachada da entrada do Museo do Médico Rural.
Placa que xa loce na fachada e que lle agradecemos este preciso agasallo.
Funciona con WordPress & Tema de Anders Norén