Queremos agradecer ao doutor Armando González, por dedicarlle tres poemas ao Museo Médico Rural no seu libro “Escolma Imposible (e incorrecto)”
Un disco, o libro que inclúe 38 poemas, está adxunto a dous CD de melodías interpretadas por María do Ceo. Na segunda parte do volume inclúe outras letras de cancións, entre as que se atopa unha sección con dez textos dedicados ao Couto Mixto, e tamén a autores que influíron na súa carreira con dedicacións moi persoais.
Divulga a actividad do COMC e conten informes, reportaxes, entrevistas e artígos de opinión sobre temas actuais que afectan ó mundo da Sanidad, tratados dende unha óptica plural e profesional.
No museo encuentrase instrumental do laboratorio Vidal – farmacéutico de Maceda Juan Vidal-, de principios do século XX, que patentóu tres productos: X2– fármaco composto de sales arsenicales, para o tratamento da sífilis-, Magén-Elexir estomacal-, Peruscabino – ungüento para enfermedades da pel-, e un aparato de raios Siemens, portátil do ano 1930 do seu fillo- médico- Indalecio Vidal Lombán.
Familia Vidal Visita museoFamilia Vidal Visita museo
O Museo do Médico Rural de Maceda reforza a súa presenza na internet cun espazo web http://www.museomedicoruralmaceda.es.
Trátase dun sitio web elaborado en dous idiomas: castelán e galego e no que pretendemos dúas accións:
Por unha banda, servir de tarxeta de presentación mostrando a historia do museo e o porqué do museo en Maceda, dando as indicacións de onde nos podes atopar e unha breve recensión de que vas atopar se nos visitas, así como unha ponte de comunicación para responder a todas as preguntas que nos queiran formular os visitantes á web.
E un compendio de notas de prensa, programas de televisión e radio, visitantes ao museo, e actividades desempeñadas por e para o museo.
Agradecerlle a José Juan Pérez Ramos a axuda para que puidésemos levar a cabo este proxecto de presenza na Rede, e iremos aumentándoa e esperamos que vos guste.
O presidente da aseguradora A. M.A. América, Diego Murillo, acompañado polo presidente de A. M.A. España, Luís Campos; do conselleiro Luciano Vidán e do director de Comunicación e Marketing, Álvaro Basilio, visitaron o 11 de agosto o concello de Maceda, onde foron recibidos polo alcalde Rubén Quintas
Á visita sumáronse o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, ambos os médicos e mutualistas da Agrupación Mutual Aseguradora. Con esta iniciativa o doutor Murillo quere agradecer a axuda e comprensión que a familia Noboa Bejarano prestáronlle para que a mutua dos profesionais sanitarios desembarcase en #Ecuador, competindo con éxito coas compañías aseguradoras dos Estados Unidos. En sinal de agradecemento, Diego Murillo, que ademais de A. MA. América é presidente da Fundación A. M.A. promoveu a publicación dun libro titulado A rama galega dos Noboa Bejarano de #Ecuador e a Agrupación Mutual Aseguradora no que se recollen as orixes macedanos desta familia que, no século XVII, emigrou ao país irmán e onde dous dos seus membros alcanzaron a presidencia da república.
A xornada comezou cunha recepción no Concello, ofrecida polo alcalde. Alí, Diego Murillo asinou no Libro de Honra, e logo participou nunha reunión na que, á marxe das autoridades citadas, sumáronse o director do Museo do Médico Rural, José Manuel Lage; o cura párroco, Manuel Pérez Vences, e o investigador local, José Juan Pérez Ramos. Despois trasladáronse ao Museo do Médico Rural, que percorreron detidamente. Alí, Diego Murillo entregou ao seu promotor e director unha escultura coa imaxe corporativa da compañía.
Continuaron a visita na Igrexa de San Pedro, do século XVI construída en honra a San Pedro, destacando un sepulcro de granito onde están enterrados os membros da casa de Maceda, máis en concreto Juan Yáñez de Novoa e a súa esposa. Trasladáronse ao Castelo continuando a visita cun percorrido histórico pola fortaleza.