Web Museo Medico Rural de Maceda

Web Museo Medico Rural de Maceda

O Museo do Médico Rural de Maceda reforza a súa presenza na internet cun espazo web http://www.museomedicoruralmaceda.es.

Trátase dun sitio web elaborado en dous idiomas: castelán e galego e no que pretendemos dúas accións:

Por unha banda, servir de tarxeta de presentación mostrando a historia do museo e o porqué do museo en Maceda, dando as indicacións de onde nos podes atopar e unha breve recensión de que vas atopar se nos visitas, así como unha ponte de comunicación para responder a todas as preguntas que nos queiran formular os visitantes á web.

E un compendio de notas de prensa, programas de televisión e radio, visitantes ao museo, e actividades desempeñadas por e para o museo.

Agradecerlle a José Juan Pérez Ramos a axuda para que puidésemos levar a cabo este proxecto de presenza na Rede, e iremos aumentándoa e esperamos que vos guste.