Categoría: Actualidade Páxina 14 de 19

Visita Farmacia Prieto

Hoxe, 24 de febreiro de 2022, temos a visita ao Museo Médico Rural de Maceda por parte de representantes da “Farmacia Prieto” de Xinzo de Limia, moi vinculada á medicina rural e á atención primaria.

Farmacia que foi fundada en 1933, e é un dos establecementos sanitarios máis diversificados e cualificados de toda a xeografía española. Comeza como unha farmacia que xoga un papel fundamental na atención primaria xa que daquela non había seguridade social e a zona da Limia non estaba tan conectada como hoxe. Eran entón os días da feira, os días 14 e 27 de cada mes, cando os cidadáns se achegaban á capital da Limia para abastecerse de medicamentos e realizar consultas profesionais que ían dende consultas propias, como consultas para animais domésticos que en aqueles tempos Apoiaban as familias galegas, o farmacéutico colaborando estreitamente cos médicos ou veterinarios.

Visita Espacio + 60 Fundación Ourense

O martes día 23 de febreiro de 2022 dentro das Rutas Culturais que organiza o Espazo+60 de Afundación Abanca Ourense tivemos no Museo do Medico Rural en Maceda a visita dun grupo de 25 persoas percorrendo a historia da medicina de todo o século XX e compartindo experiencias o respecto.

 

Constitución fundación

Fixo realidade un paso máis, a firma dun convenio de colaboración entre a “Asociación del Museo del Médico Rural de Maceda” conxuntamente con “Previsión Sanitaria Nacional (PSN)”, a “Asociación de Médicos Gallegos (Asomega)” e a “Real Academia de Medicina de Galicia” para sentar as bases na creación e formación da futura “Fundación Museo do Médico Rural de Maceda”

Fun polo Aire da TVG

Fun polo vento Maceda

Fun polo vento Maceda

O programa ‘Fun polo aire’ da TVG espalla por todo o país un equipo de seis reporteiras e reporteiros que fan que as tardes estean máis vivas ca nunca contándolles aos espectadores todo o que sucede, o que se está a facer en Galicia a esas horas en cada vila, no campo, na cidade, no mar…

O programa, presentado por Susana López Carbia e Emilio Guillín, chega no seu número 700 emitido o día 9 de febreiro de 2022 a partires das 18:30 h dedicando nel distintas pistas para identificar a Maceda presentada como a Vila Oculta cos seguintes contidos:

Índice de contidos

10:40 A vila oculta: O Castelo de Maceda

25:25 A vila oculta: Artesanía en Coiro

41:15 A vila oculta: Museo Médico Rural

54:25 A vila oculta: Os Felos e o Entroido

01:05:02 A vila oculta: Desenlace e descubrimento

Enlace o programa:

https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa-700-5515712

Centro de Día – Maceda

Hoxe un grupo de usuarios do Centro de Día de Maceda visitou o Museo Médico Rural de Maceda.

Durante o percorrido transmitironnos a proximidade e o espírito de axuda dos médicos rurais.

Visita Centro de Dia - Maceda
Visita Centro de Dia – Maceda

Nova Sede do Museo

A Asociación do Museo Médico Rural de Maceda comprou un edificio situado na Praza das Toldas no 5, onde estará situada a sede do futuro museo.

Así, iniciamos un novo proxecto e para iso contamos cun gran equipo de persoas vinculadas á nosa vila e que traballarán de xeito altruísta para conseguir un auténtico museo onde se reflicta a historia do médico rural.

Estamos dando forma á creación dunha Fundación e xa está na imprenta un libro que reseñe a historia dun médico rural da nosa contorna.

120 anos Colexio Oficial de Médicos de Ourense

Neste ano 2021 que remata, queremos felicitar dun xeito especial ao Colexio Oficial de Médicos de Ourense, que neste ano 2022 que comeza celebra o 120 aniversario da súa definitiva fundación oficial.

Con motivo desta celebración, á que nos sumamos, ao longo do ano leváronse a cabo diversas actividades baixo o lema: “120 anos contigo, coidando Ourense”.

Destacaremos a creación dun libro virtual que repase de forma dinámica a historia desta organización profesional.

Libro dixital 120 anos contigo – Coidando Ourense

Tamén vos deixamos aquí un vídeo conmemorativo realizado por Carlos Bermello (CHUO Comunicación) e música de Álvaro de Castro Palomares:



Bo Nadal

Entrevista revista PSN92

Dentro do número 92 da revista PSN publicada pola mutua Previsión Sanitaria Nacional (PSN) encontramos por un lado a entrevista realizada o doutor José Manuel Lage, director e promotor do museo do médico rural de Maceda así como o reconocemento outorgardolle a dito museo

Acceso a la revista

Centro de día de Vilar de Barrio

O 16 de decembro de 2021 tivemos a visita dunha representación do Centro do día e do Fogar Residencial de Villar de Barrio.

Estiveron disfrutando vendo as pezas que se expoñen no Museo e revivindo e compartindo as súas experiencias vividas en relación coa medicina doutra época.

Contando e valorando o traballo dos médicos rurais dos seus tempos.

Páxina 14 de 19

Funciona con WordPress & Tema de Anders Norén