Categoría: Actividades

Estrenamos Web

Web Museo Medico Rural de Maceda

Web Museo Medico Rural de Maceda

O Museo do Médico Rural de Maceda reforza a súa presenza na internet cun espazo web http://www.museomedicoruralmaceda.es.

Trátase dun sitio web elaborado en dous idiomas: castelán e galego e no que pretendemos dúas accións:

Por unha banda, servir de tarxeta de presentación mostrando a historia do museo e o porqué do museo en Maceda, dando as indicacións de onde nos podes atopar e unha breve recensión de que vas atopar se nos visitas, así como unha ponte de comunicación para responder a todas as preguntas que nos queiran formular os visitantes á web.

E un compendio de notas de prensa, programas de televisión e radio, visitantes ao museo, e actividades desempeñadas por e para o museo.

Agradecerlle a José Juan Pérez Ramos a axuda para que puidésemos levar a cabo este proxecto de presenza na Rede, e iremos aumentándoa e esperamos que vos guste.

Inauguración dó Museo dó Médico Rural

O dia 5 de Julio do Ano 2019 inaugurouse o museo coa presenza do Alcalde de Maceda, Presidente do Parlamento galego, o Conselleiro de Sanidade e o  Presidente da Deputación de Ourense.

DISCURSOS.

  • D.  Rubén Quintas.Alcalde de Maceda.
  • Dr.José Manuel Lage Parente.´creador del Museo.
  • Dr.Miguel AngelSantalices.Presidente del Parlamento de Galicia
  • Dr.Jesús Vazquez Almunia.Conselleiro de Sanidad
  • D.Jose Luis Baltar.Presidente Diputación de Ourense.

Asistiron ao devandito evento máis de duascentas persoas,e ao final dos discursos entoouse o himno galego,coa actuación da banda de gaitas do concello de Maceda.

Logo pasouse á visita do museo

Video da Inauguración:

Páxina 9 de 9

Funciona con WordPress & Tema de Anders Norén