Categoría: Actividades Páxina 7 de 8

Nace a Fundación Museo Médico Rural

Previsión Sanitaria Nacional (PSN), a Asociación de Médicos Gallegos (Asomega) e a Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia uniron esforzos para erixirse en fundadores-promotores dunha nova insstitución: a Fundación del Museo Do Médico Rural. Trátase dunha iniciativa que nace da man da Asociación do Museo do Médico Rural de Maceda (Ourense) creada en 2019 polo doutor José Manuel Lage co obxetivo de reconocer a inmensa labor desenrrolada polos profesionales da Medicina Rural.

Julio Ancochea, presidente de Asomega; Miguel Carrero, presidente de PSN; e Martelo Villar, presidente
de la Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia firman o acordo na sede de PSN en Madrid.

Entre os fins fundacionais da nova institución destacan o fomento e desenvolvemento da excelencia na actividade do médico rural e a xestión da memoria destes profesionais.

Do mesmo xeito, preténdese contribuír á extensión dos conceptos de calidade, excelencia e humanización entre os profesionais da medicina, facendo especial fincapé no ámbito da medicina rural, así como promover a formación e a xestión do coñecemento entre os profesionais. Para iso, prevese que a fundación desempeñe un papel activo na organización e promoción de congresos, cursos, xornadas ou premios relacionados coa humanización, a calidade e a busca da excelencia no exercicio profesional. Así mesmo, a esta fundación poderán sumarse outras entidades, públicas ou privadas, cuxa colaboración contribúa a promover os fins fundacionais da mesma.

Julio Ancochea, presidente de Asomega; José Manuel Lage, director do Museo do Médico Rural; e
Filemón Rodríguez, consejero de PSN, en Trives (Ourense), ultimando os detalles do acordo para poñer
en marcha a nova fundación.

Os firmantes de este acordo foron, por parte da Asociación do Museo do Médico Rural, José Manuel Lage; por PSN, Miguel Carrero; por Asomega, Julio Ancochea; e pola Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia, Martelo Villar

Constitución fundación

Fixo realidade un paso máis, a firma dun convenio de colaboración entre a “Asociación del Museo del Médico Rural de Maceda” conxuntamente con “Previsión Sanitaria Nacional (PSN)”, a “Asociación de Médicos Gallegos (Asomega)” e a “Real Academia de Medicina de Galicia” para sentar as bases na creación e formación da futura “Fundación Museo do Médico Rural de Maceda”

Nova Sede do Museo

A Asociación do Museo Médico Rural de Maceda comprou un edificio situado na Praza das Toldas no 5, onde estará situada a sede do futuro museo.

Así, iniciamos un novo proxecto e para iso contamos cun gran equipo de persoas vinculadas á nosa vila e que traballarán de xeito altruísta para conseguir un auténtico museo onde se reflicta a historia do médico rural.

Estamos dando forma á creación dunha Fundación e xa está na imprenta un libro que reseñe a historia dun médico rural da nosa contorna.

120 anos Colexio Oficial de Médicos de Ourense

Neste ano 2021 que remata, queremos felicitar dun xeito especial ao Colexio Oficial de Médicos de Ourense, que neste ano 2022 que comeza celebra o 120 aniversario da súa definitiva fundación oficial.

Con motivo desta celebración, á que nos sumamos, ao longo do ano leváronse a cabo diversas actividades baixo o lema: “120 anos contigo, coidando Ourense”.

Destacaremos a creación dun libro virtual que repase de forma dinámica a historia desta organización profesional.

Libro dixital 120 anos contigo – Coidando Ourense

Tamén vos deixamos aquí un vídeo conmemorativo realizado por Carlos Bermello (CHUO Comunicación) e música de Álvaro de Castro Palomares:



Bo Nadal

“A Fonte limpa”

A Asociación de Médicos Galegos (Asomega) decidiu outorgar o premio “A Fonte Limpa” na primeira edición deste premio á iniciativa do Museo do Médico Rural de Maceda, promovida polo doutor José Manuel Lage.

As pezas situadas no Museo foron doadas por institucións, familias e particulares como o presidente de Asomega, Xullo Anchochea, cuxo avó foi médico rural precisamente en Maceda.

O premio está dotado con 3.000 euros e recoñece e pon en valor a iniciativa do doutor Lage para enxalzar a especial relación que se establece entre o médico rural e o paciente, e para reivindicar unha forma de exercer a Medicina que se mantivo inalterada na súa esencia pese ao paso do tempo: o médico rural que atende o parto, acompaña na maduración e alivia nas últimas horas.

Máis información

Casa do Patrón de Doade

O museo do Médico Rural de Maceda colabora na elaboración dun panel informativo a modo de mural exposto no museo etnográfico da Casa do Patrón en Doade co seguinte texto:

Un dos persoeiros do rural da nosa amada Galicia ao longo da historia foi o médico rural, que non era só o responsable da saúde dos seus habitantes, senón que tamén era veciño, amigo, confesor e psicólogo.

O seu traballo era continuo, durante as 24 horas do día, os 7 días da semana, os 365 días do ano. O salario que percibía era precario e, malia isto, tiña un grande ollo clínico. Caracterizábase polo seu grande altruísmo e porque acompañaba os seus pacientes ao longo de todas as etapas da súa vida.

As súas armas eran escasas, pero a observación e a exploración suplían todas as carencias que puidera haber. Podemos asegurar que eran uns heroes silenciosos, os médicos dos pobres e uns auténticos artesáns do seu oficio.

Deixáronnos como legado uns valores que debemos preservar. Eles foron vocacionais, nuns tempos en que a pobreza na nosa terra era una sinal de identidade e os recursos para curar, moi escasos e limitados.

Ata ben entrada a metade do século XX, as visitas aos domicilios dos pacientes nas aldeas facíanse a cabalo, pois o acceso era a través das corredoiras, uns camiños angostos e sinuosos. Os medicamentos elaborábanse nas boticas con fórmulas maxistrais e as plantas medicinais eran a base da súa preparación. Non había antibióticos nin vacinas.

O aparato de raios X chegou ao medio rural galego na década dos 40 e a penicilina nos 50.

Ata 1970, nas aldeas do noso rural, a maioría dos partos tiñan lugar nos propios domicilios e eran atendidos polos médicos do rural.

Os médicos rurais xamais deixaron de asistir e de lles dar consolo aos seus pacientes. Moitos de nós tivemos a agradable experiencia dunha relación humana e cálida entre o enfermo, a familia e o médico.

Xornadas SemFYC

Dentro da programación das xornadas SemFYC de Medicina Rural que se desenvolven no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso nº 30 de Ourense) durante os días 5 e 6 de novembro de 2021, terán pezas na súa sede desprazadas do Museo Médico Rural de Maceda. , que se expoñerá de forma permanente e, durante esta actividade, contarase cunha guía que presentará, de forma interactiva, un percorrido pola historia da medicina rural.

En concreto, desenvolveranse dous obradoiros baixo o título: “Museo do médico rural: do estetoscopio de madeira ao iphone”

As xornadas están organizadas pola semFYC, a Sociedade Española de Medicina Familiar e Comunitaria.

Sinergia en Maceda en pro da saude.

O día 20 de outubro de 2021, na feira en Maceda, organizado pola Asociación Diabética Auria de Ourense en colaboración co Museo do Médico Rural e Asociación Escola Rural De Saúde da Limia estiveron presentes cunha actividade informativa diante da Farmacia Mª Elvira e coa colaboración da mesma.

Recibindo a visita de mais de 100 persoas para facer a medición dos niveis de azucra así como información e educación diabetológica e prantexar dubidas tanto relacionadas ca alimentación así como cos hábitos saudables.

Esta actividade está subvencionada pola Deputación Provincial de Ourense.

Difundir os problemas de saúde no rural galego

O doutor José Manuel Lage Parente baixo o título “Charla sobre a evolución do proceso de envellecemento, enfermidade e morte nas zonas rurais” organizado pola “Escola Rural de Saúde da Limia” reuniunos nun encontro próximo, entretido e coñecedor dunha experiencia de toda a vida como médico no rural ourensán. onde nos dixo a importancia de ter tamén un proxecto de vida na madurez e vellez da xente.

“A medicina non é unha ciencia exacta, especialmente nas zonas rurais, onde as peculiaridades do carácter galego, entre práctico, incrédulo e místico, dan unha mestura a ter en conta, e coa que o médico rural ten a sorte de manter un máis intensa relación cos seus pacientes “.

O doutor Lage Parente sabe do que fala despois de 42 anos como médico, estando á fronte do Museo do Doutor Rural de Maceda e inmerso na publicación do seu libro “Retazos da vida dun doutor rural”

Páxina 7 de 8

Funciona con WordPress & Tema de Anders Norén