Hoxe, sábado 19 de novembro de 2022, recibimos no Museo Médico Rural a un grupo de 25 persoas do ámbito cultural e empresarial da Coruña.

A visita comezou pola mañá, no Santuario dos Milagros de Baños de Molgas visitando o Santuario e a “Santiña do Medo”. Aproveitaron para deixarse abraiar co Museo “Os Nosos Devanceiros”, un museo etnográfico-sacro-científico. Instrumentos e aparellos relacionados cos oficios tradicionais galegos como ferreiro, carpinteiro, curtidor, cesteiro, canteiro ou oleiro. Tamén se reproducen dous espazos da típica casa tradicional galega: o sobrado e a cociña. Vestiduras sacerdotais. Telescopio, gran plataforma de mapas en relevo, fósiles, cunchas, animais, armas…

Continuando a visita ao Hotel-Monumento, Castelo de Maceda con tempo para compartir experiencias e gozar da comida do seu restaurante.

E rematando a visita no Museo do Médico Rural coas explicacións do noso presidente doutor José Manuel Lage enriquecidas polas vivencias de algúns dos visitantes relacionados ca medicina e a farmacia.

Amosando o teu agradecemento polo marabilloso día vivido. Prometen volver.