O mércores e o xoves, 25 e 26 de xaneiro de 2023 recibimos no Museo do Médico Rural de Maceda a visita de dous grupos procedentes da Asociación Club Recreativo As Burgas da Valenza no concello de Barbadas en Ourense.

O Servizo do Centro Ocupacional As Burgas apoia o desenvolvemento da autonomía persoal e a integración socio-laboral das persoas con discapacidade intelectual, mediante programas de formación laboral das persoas con discapacidade intelectual, mediante programas de formación laboral, axuste persoal e social, e adecuación e coidado de entorno familiares e sociais. O fin último do mesmo é proporcionar unha atención habilitadora integral, que xere unha traxectoria individualiza de mellora de calidade de vida.