A aula da Asociación Escola Rural de Saúde da Limia, situada do andar 1, Aula 2 da Casa da Cultura de Xinzo da Limia acolleu o día 30 de xuño a presentación do libro: “Retazos de la Vida de un médico rural”.
A presentación organizado por Lola Rico, foi realizada por Dr. Roberto Fernández Álvarez e D. Pablo García Vivanco que deron paso o autor do libro: Dr. José Manuel Lage Parente fundador do Museo do Médico
Rural de Maceda.
Pablo García Vivanco, farmacéutico comunitario, falou da importancia de difundir a problemática sanitaria entre a poboación a través de distintos concellos do rural, “para que serve ter coñecementos se estes non se comparten cos nosos compañeiros, ese é o obxectivo final, comunicarse”.
A continuación foi o doutor Roberto Fernández Álvarez quen se dirixiu aos presentes e fixo un percorrido pola evolución da medicina rural e os fitos que se produciron nos últimos anos, entre outros, na redución da mortalidade dos recentemente nados. Destacou “a implicación dos médicos de transición e a importancia deste novo modelo de medicina que se achegaba cara á sanidade pública, da que o doutor Lage é un referente á hora de falar de medicina rural”.
As historias de vida dun médico rural, as anécdotas cos enfermos de tantas aldeas visitadas onde nunca se sabía que atoparías e como remataría o día e tantos momentos compartidos coa xente que vive dispersa arredor do rural de Maceda, localidade onde exerceu a súa profesión e onde fundou o Museo Médico Rural, para que nós e as xeracións vindeiras saibamos que chegar á medicina que temos agora non foi fácil, sen deixar de describir a cultura e o medio social rural da época.
O encontro rematou coa sinatura de exemplares cuxa recadación vai íntegramente para a Asociación de Museos e co bautismo de flores do libro do dr. por parte psicóloga Rosa Trujillo e un aperitivo saudable, como non, de escuma de amorodo elaborado por Concha Ferreiro, membro da ONG.