Autor: admin Páxina 15 de 16
O 30 de Xaneiro de 2020 o Dr. José Manuel Lage estivo durante media hora foi entrevistado por Xosé Manuel Piñeiro para a Radio Galega, presentando o Museo do Médico Rural e resaltando a figura do médico rural, unha figura clave, patrimonio inmaterial da nosa terra e quizais a mais valorada no mundo rural
O médico rural era psicólogo, confesor,veciño,…o seu traballo de sol a sol , todos os días do ano, era intachable.
Percorrían a diario dacabalo,motocicleta ou coche as aldeas do rural,con escasos medios….pero cunha extraordinaria habilidade para resolver os problemas que se lle presentaban
Foron uns heroes silenciosos e artesáns do seu oficio.
Doutor en Galicia é un programa da Televisión Galega que semana a semana viaxa por toda a xeografía galega para charlar con profesionais da nosa sanidade e saber do seu traballo e os lugares onde o levan a cabo.
Ademais contásennos porque escolleron esta profesión. Tamén cando non están coidando da nosa saúde a que dedican o seu tempo libre.
O 11 de xaneiro de 2020 no seu programa número 6 visitaron as instalacións do Museo do Médico Rural en Maceda, para charlar co Dr. José Manuel Lage, quen os conduzo polas distintas dependencias do museo admirando o material utilizado polos médicos rurais desde 1900 ata o ano 2000.
Programa: (a partires do minuto 20:25)
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/doutor-en-galicia-6-4258979?t=1
O 3 de xaneiro de 2020 recibimos de mans da pintora Ourensá Mayte Vázquez un cadro de cerámica para a fachada da entrada do Museo do Médico Rural.
Placa que xa loce na fachada e que lle agradecemos este preciso agasallo.
O curso estivo dirixido á poboación en xeral, sendo de especial interese para profesionais do sector sanitario e social, así como a todas aquelas persoas que queiran coñecer as orixes e evolución do actual Sistema Sanitario e a importancia dos profesionais sanitarios no benestar da poboación galega do rural.
Para poñer broche final á formación, visitouse o Museo do Médico Rural situado no Concello de Maceda, recentemente inaugurado e ao que se recomenda a súa visita, xa que están expostos material médico que progresivamente se foi incorporando á medicina desde principios de século ata o noso días, e que conta cunha exposición de máis de 1000 pezas catalogadas que utilizaban frecuentemente médicos e boticarios da época.
Finalizouse a visita debidamente…asinando no Libro de Honra.
Unha honra foi para todos os participantes do curso que o Dr Lage compartise connosco os seus coñecementos e experiencias dunha vida enteira ao servizo dos seus pacientes.
O 21 de outubro de 2019 tivemos como visitantes aos máis pequenos, o alumnado de 1º e 2º de Primaria do CEIP de Maceda que visitaron o Museo do Médico Rural
Comentaron divertidas e interesantes historias, coñeceron o intrumental médico, as técnicas e avances de tempos pasados…gozaron das nosas instalacións e das anécdotas e pedagoxía do noso ” guia” o Doutor José Manuel Lage.
Recordo da visita:
Inaugúrase en Maceda o Museo do Médico Rural en lembranza destes profesionais en informativos Tvg el 07/07/2019