O Seminario de Ingeniería Hospitalaria, celebrouse os días 4, 5 e 6 de outubro en A Coruña, organizado pola Asociación Española de Ingeniería Hospitalaria para todos os profesionais do sector. Un congreso nacional de alta asistencia e programa científico/técnico no que participaron personalidades de recoñecido prestixio a nivel nacional e internacional.

O evento ofreceu a oportunidade de coñecer novas ideas en desenvolvemento, innovacións tecnolóxicas e oportunidades de mellora dentro do ámbito da enxeñería dedicada á sanidade.

Para orientar as sesións técnicas e científicas, o comité científico propuxo as seguintes áreas temáticas que, na actualidade, manteñen o interese e preocupación dos profesionais da Enxeñería Hospitalaria:

1. Economía azul

2. Servizos de enxeñería e sistemas de xestión

3. Enxeñaría biomédica

4. Intelixencia artificial

5. Arquitectura asistencial

6. Sostibilidade, eficiencia enerxética e medio ambiente

7. Calidade do aire e seguridade ambiental

8. Gases médicos

9. Xestión de recursos humanos en enxeñaría

Dentro deste programa contaron o vernes, 6 de outubro ás 9 h. no Auditorio Arao dunha mesa de debate baixo o título: “La atención primaria, reforzando el contacto con la salud”, moderada por Ramón Ares Rico, Xerente Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, SERGAS, coas seguintes ponencias:

“¿Es prescindible la Atención Primaria en España?” de Marco Antonio González Cagigal (CV), Enxeneiro Industrial, Director de Xestión Económica e SSGG do Distrito Sanitario Aljarafe e Sevilla Norte.

“La Atención Primaria y la tecnología ¿una pareja bien avenida?” de Pilar Rodríguez Ledo (CV), Médico de Familia. Presidenta da Sociedade Española de Médicos Xenerais e de Familia (SEMG).

“La transformación digital, una oportunidad para la utópica coordinación entre niveles” de Ismael Said Criado (CV), Médico Internista, Área Sanitaria de Vigo. Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur.

“Historia de los medios diagnósticos utilizados en la medicina rural y en atención primaria” de José Manuel Lage Parente (CV), Médico Rural e Médico de familia en Maceda. Área Sanitaria. Ourense.

Por parte do Museo do Médico Rural cabe destacar o logro de conseguir que nos próximos congresos de inxeniería hospitalaria conten cunha mesa de debate sobre a asistencia primaria..

Máis información: https://www.40seminarioacoruna.com/

Galería fotográfica: