O 26 de maio de 1822, hai 200 anos, celebrouse a acta de constitución da Deputación de Ourense. Por iso, a institución celebra o seu bicentenario e, por iso, organizouse unha exposición.
A mostra, que repasa a súa historia ao longo destes dous séculos, estará dende o 26 de maio ata finais de xullo de 2022 no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
Nel pódese comprobar a evolución da Deputación de Ourense dende a súa constitución; en ámbitos tan diversos como obras públicas, beneficencia, balnearios ou educación.
Así, pódense coñecer as áreas de traballo que se desenvolveron nas orixes da Deputación. De feito, a mostra comeza cun fragmento do discurso inaugural de 12 páxinas do primeiro responsable político da institución, Pedro Boado Sánchez.
Tamén se poden ver imprentas da Deputación, material antigo relacionado cos traballos nos eidos da saúde e a hidroterapia, un importante apartado cultural que reflicte a Xeración Nós, con Vicente Risco como deputado provincial, e obxectos da Escola Provincial de Gaitas ou da Escola de Artes e Oficios.
A exposición remata cunha zona dedicada ao futuro da institución.
O Museo Médico Rural doou diferente material médico para esta exposición.
Horario: Luns a venres de 11.00 a 14.00 h. e de 17.00 a 21.00 h. Sábados, domingos e festivos de 11.00 a 14.00 h.