Na tarde do venres 23 de setembro de 2022 tivo lugar no Auditorio Municipal de Xinzo de Limia, na Casa da Cultura, un acto organizado polo Consello da Cultura Galega e a Valedora do Pobo.
Baixo o nome de “Invisibilizadas para a Medicina” celebráronse varias xornadas e coloquios co eixo central da figura da muller na medicina.
Coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia e a Escola Rural de Saúde da Limia. Contamos coa presenza de Elvira Lama, alcaldesa de Xinzo de Limia, Rosario Alvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega e Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo.
Dentro desta xornada, dende o Museo Médico Rural de Maceda contribuímos colaborando co estudo sobre a figura das “Parteiras” así como coa presentación da Fundación Museo Médico Rural.