Hoxe, 21 de abril de 2024, recibimos no Museo do Médico Rural de Maceda a visita da doutora Pilar Rodríguez Ledo, presidenta da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia (SEMG), , que tamén preside a Rede Española de Investigación do Covid. REiCOP), e tamén é subdirectora da Área Sanitaria da Mariña, Lugo e Monforte de Lemos, e de Humanización, Calidade e Atención ao Cidadán do Hospital Universitario Lucus Augusti, de Lugo.
Durante a visita estiveron acompañados polo doutor José Manuel Lage, director do Museo, e quedaron gratamente impresionados tanto pola ampla colección de obxectos que alberga o Museo como pola distribución e explicación de cada sala, facendo un percorrido didáctico e entretido por a historia da medicina rural do século pasado.
Galería de imaxes: