Etiqueta: rural

Vida, La Región 03/11/2024

Baixo o título: «En Recuerdo al médico del rural en Laza» o xornal “La Región” de Ourense, no seu suplemento de sociedade “Vida” recolle unha breve crónica gráfica sobre as xornadas de homenaxe o médico Rural en Laza e a inauguración oficial da escultura sobre o médico Rural.

Reunión Patroato Museo

Durante toda a xornada do 2 de decembro de 2023 tivo lugar nas instalacións do Hotel Monumento Castelo de Maceda unha xornada de traballo do Padroado da Fundación Museo Médico Rural.

Reunión Patronato
Reunión Patronato

O padroado da Fundación está integrado pola Asociación do Museo Médico Rural de Maceda, representada por José Manuel Lage Parente, como presidente; a Entidade Nacional de Saúde, PSN, Mutua de Seguros e Reaseguros a Prima Fija, representada por D. Miguel José Carrero López; o Colexio de Médicos de Galicia, representado por Julio Ancochea Bermúdez; e a Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, representada por Francisco Martelo Villar, como vogais.

Na xornada de traballo analizouse o balance tanto das actuacións e actividades realizadas no ano que remata como da programación do Museo para o futuro.

Remataron a xornada gozando da gastronomía do Castelo nas noites de Fado e da música de María do Ceo.

Suplemento «Vida» La Región

O domingo 13 de agosto de 2023 publicáronse no suplemento “Vida” do xornal “La Región” tanto a portada como unha reportaxe sobre o Museo Médico Rural de Maceda.

Baixo o título: “José María Lage revela a historia dos médicos rurais” unha entrevista ao director do Museo sobre a loita e a humanidade dos médicos rurais.

Artículo Completo: https://www.laregion.es/articulo/vida/medico-rural-jose-maria-lage-museo-maceda/202308101300441238277.html

Funciona con WordPress & Tema de Anders Norén