O 1 de decembro de 2023 recibimos a visita da xunta directiva da asociación AFAOR de Ourense no Museo do Médico Rural de Maceda.
A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Ourense (AFAOR) nace no ano 1995 como unha entidade sen ánimo de lucro que ten como principal obxectivo mellorar a calidade de vida dos seus usuarios e apoiar aos seus coidadores e familiares.
Para levar a cabo esta tarefa, AFAOR tece unha rede de colaboración entre entidades públicas e privadas e os seus asociados, pensando en ofrecer aqueles servizos que faciliten a vida cotiá dos enfermos de Alzheimer e de todo o seu entorno.