A revista informativa mensual da Previsión Sanitaria Nacional número 95 correspondente ao mes de novembro de 2022 inclúe o Museo Médico Rural de Maceda como tema central.
Baixo o título: “Sublime Humanidade, a Fundación Museo Médico Rural nace oficialmente para poñer en valor o traballo deste colectivo imprescindible”.
Na revista álzase o recoñecemento á Medicina Rural e testemuña como participante activo na creación da Fundación do Museo do Médico Rural como símbolo de excelencia, humanización e memoria.
Na portada da revista, unha foto do doutor Manuel Vázquez Álvarez (1895-1990), médico rural a cabalo, que exerceu na comarca de Ramirás-Celanova.