O xoves 29 de febrero de 2024, da man do XeoDestino Allariz-Maceda fixéronse a entrega dos Diplomas SICTED ás empresas en entidades que conseguiron a distinción de Compromiso “Calidad Turistica” no Hotel OCA de Allariz na Sala Leovinci de Allariz. Entre estas empresas atopabase o Museo do Médico Rural de Maceda. Recollia o diploma o noso presidente o doutor José Manuel Lage.
O SICTED, trátase dun proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola
Secretaría de Estado de Turismo (SETUR), co apoio da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que traballa con servizos turísticos de ata 37 profesións diferentes, co obxectivo final de mellorar a experiencia e satisfacción turísticas.
Ás empresas da comarca Allariz-Maceda que contan con esta distinción a día de hoxe son:
A Casa do Xastre – Allariz Arca de Noe – Vilar de Santos
Camping Os Invernadeiros – Allariz
Festival Internacional de Xardíns de Allariz
Fio de Liño Allariz
Hotel O Portelo Rural – Allariz
Museo do Coiro, Fábrica Familia Nogueiras- Allariz
Museo do Médico Rural de Maceda
Museo Galego do Xoguete – Allariz
A cerimonia da entrega do recoñecemento contou con música en directo e cunha degustación de produtos da zona. Unha xornada de aposta polo turismo de calidade.
Imáxenes:
Máis información: