O Museo del Médico Rural de Maceda, as entidades Asomega, a SEMG e a Sociedad Cultural y Deportiva Albor de Ourense son os impulsores da mostra baixo o título “Historia da Medicina Rural Galega”, inaugurada o 14 de abril de 2025 e que se poderá visitar na sede da Sociedade Albor na rúa Greco 7 de Ourense, a partir de material do Museo Médico Rural Maceda.
A visita á exposición é gratuíta e pódese ver tanto material médico como paneis sobre a historia da medicina rural nos últimos 150 anos.
O horario será de martes a domingo de 10 a 22 horas, para máis información chamar ao 623021106
A inauguración oficial da devandita exposición celebrarase o luns 14 de abril de 2025 ás 19:30 h. co coro da sociedade Albor.