
Os días 14 e 15 de novembro de 2025 celebrouse No Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela un coloquio centrado no futuro dos museos nas comunidades en constante cambio.
A este coloquio representando o Museo do Médico Rural de Maceda participou José Juan Pérez, secretario do Museo que valorou moi positivamente o coloquio.
O evento, que contou cunha ducia de museos participantes nos relatorios, enmárcase nos actos conmemorativos do 20º aniversario do Instituto de Estudios de las Identidades (IEI) e tivo como base o lema escollido polo ICOM (Consello Internacional de Museos) para a edición deste ano do Día Internacional dos Museos, “O futuro dos museos nas comunidades en constante cambio”. A idea é impulsar a adaptación dos museos e das comunidades das que forman parte ao dinamismo dun mundo cambiante marcado polas transformacións tecnolóxicas, sociais e medioambientais.
As xornadas comprenderon tres tipos de actividades: relatorios, mesas redondas con participación de representantes de museos locais e tamén unha presentación de actividades do IEI, especialmente o labor do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI), que se considerou de interese particular para as entidades convocadas.
Deixa unha resposta