Categoría: Visitantes Páxina 4 de 6

Visitando o Museo

O luns 8 de agosto de 2022, en plenas festas patronais de Maceda, recibimos a visita ao Museo Médico Rural de Maceda.
Foron Manuel Mandianes (antropólogo), José Luis Prieto Salgado (farmacéutico), Manuel Ramos (médico do CHUO) e Pablo García Vivanco (farmacéutico).
Acompañados polo doutor José Manuel Lage, Director do Museo, percorreron con atención as distintas salas que compoñen este museo, así como a exposición temporal sobre a historia da medicina rural en Galicia.
Quedaron gratamente sorprendidos e emocionados coa visita e aquí tedes as impresións que nos deixou Manuel Mandianes:

“En Maceda (Ourense), J. M. Lage, médico y autor de “Retazos de la vida de un médico rural”, ha construido el museo del médico rural, con una exposición permanente de instrumentos médicos que hace visible la historia de la medicina en el mundo rural desde sus inicios hasta nuestros dias. La reunión de la colección y el diseño del espacio en el que se muestran, museo, suponen meses y años de dedicación entusiasta. El resultado es tan impresionante que al visitante se le hace difícil creer que lo que está viviendo, “O museo do médico rural”, esté en un pequeño pueblo de la Galicia rural.”

“Os Pelúdez”

O 17 de agosto de 1908 saía á rúa o primeiro número do xornal “el Progreso” e xa no San Froilán aparece nas súas páxinas o personaxe Pelúdez.

Un labrego que a partir de entón, e da man de cinco sucesivos cronistas, difundiría os seus comentarios humorísticos sobre o día a día das máis fermosas festas do outono galego, e tamén sobre os distintos acontecementos do ano que, dalgún xeito, recapitulaba coa súa característica ironía.

Pelúdez e a súa familia convertéronse en figuras típicas e simbólicas do San Froilán de Lugo.

100 anos despois, e a través dun soño visitan Maceda, e nestas ilusións participan nunha festa co grupo musical “Os do Fuelle” polo videoclip “Os do Fuelle ó tocar”, do cantautor Antonio Luz e a coreografía de Ana Martínez.

Guiados por Tareixa Campo e Suso Meilán, os membros do grupo de teatro afeccionado Achádego Teatro aprovéitano e visitan o “Museo do Médico Rural” e quedan gratamente impresionados pola colección de pezas e polas explicacións e paneis das distintas salas.

Visita da Asociación Aixiña

Hoxe, xoves 2 de xuño de 2022, recibimos no Museo Médico Rural de Maceda unha agradable visita por unha banda de Ourense, aos usuarios da Residencia Domingo Gómez Freire da Asociación Aixiña, e por outra banda, de Santiago de Compostela a Ana Paula Castro, Licenciada en Historia da Arte coa especialidade de Patrimonio Artístico pola USC e Taxadora de antigüidades pola empresa Galantiqua.

O grupo gozou coas explicacións didácticas e anécdotas do noso director, o doutor José Manuel Lage.

Emocionados e co compromiso de volver visitarnos.

Visita do doutor Francisco Javier

O luns 23 de maio de 2022 tivemos a visita dun médico rural da zona de Murcia. O doutor Francisco Javier que aproveitou o percorrido polo museo e viu a historia e homenaxe á profesión e á súa vocación. Ademais de compartir experiencias co doutor Manuel Lage, o director do museo entregounos material médico que doou para os fondos propios do museo.

Tamén lle interesou todo o que podía ver e aproveitamos para promocionar a zona.

Instituto Lagoa de Antela

O 28 de marzo de 2022 recibimos no Museo do Médico Rural de Maceda un grupo de alumnos e profesores do I.E.S. Lagoa de Antela en Xinzo de Limia.

Xunto a eles, como orientación e guía, contaron cos doutores en Medicina, o doutor Roberto Fernández, empregado do PAC de Allariz, e o doutor Manuel Lage, director do Museo.

Estes médicos explicaron aos visitantes, pouco a pouco, a historia e a importancia do médico e da medicina no rural galego.

Unha experiencia moi interesante para os visitantes.

Visita do Cuarto Ciclo da USC

O sábado 26 de marzo de 2022 case medio cento de persoas vencelladas á Universidade de Santiago pertencentes o Cuarto Ciclo da USC estiveron visitando a contorna de Maceda, e neste viaxe aproveitaron para coñecer o Museo do Médico Rural de Maceda, valorando e disfrutando do noso proxecto.

Tamén visitaron o Mosteiro de San Pedro de Rocas, a vila de Maceda facendo un percorrido extenso da man do historiador macedán Santiago Prol, para rematar o viaxe no Castelo de Maceda e no Museo dos Devanceiros no Santuario dos Milagres, e na estación de tren de Baños de Molgas e o Museo dedicado a Moncho Borrajo.

Crónica da visita de Santiago Prol http://santiagoprolmaceda.com/o-cuarto-ciclo-da-usc-na-contorna-de-maceda%ef%bf%bc/

Visita Farmacia Prieto

Hoxe, 24 de febreiro de 2022, temos a visita ao Museo Médico Rural de Maceda por parte de representantes da “Farmacia Prieto” de Xinzo de Limia, moi vinculada á medicina rural e á atención primaria.

Farmacia que foi fundada en 1933, e é un dos establecementos sanitarios máis diversificados e cualificados de toda a xeografía española. Comeza como unha farmacia que xoga un papel fundamental na atención primaria xa que daquela non había seguridade social e a zona da Limia non estaba tan conectada como hoxe. Eran entón os días da feira, os días 14 e 27 de cada mes, cando os cidadáns se achegaban á capital da Limia para abastecerse de medicamentos e realizar consultas profesionais que ían dende consultas propias, como consultas para animais domésticos que en aqueles tempos Apoiaban as familias galegas, o farmacéutico colaborando estreitamente cos médicos ou veterinarios.

Visita Espacio + 60 Fundación Ourense

O martes día 23 de febreiro de 2022 dentro das Rutas Culturais que organiza o Espazo+60 de Afundación Abanca Ourense tivemos no Museo do Medico Rural en Maceda a visita dun grupo de 25 persoas percorrendo a historia da medicina de todo o século XX e compartindo experiencias o respecto.

 

Centro de Día – Maceda

Hoxe un grupo de usuarios do Centro de Día de Maceda visitou o Museo Médico Rural de Maceda.

Durante o percorrido transmitironnos a proximidade e o espírito de axuda dos médicos rurais.

Visita Centro de Dia - Maceda
Visita Centro de Dia – Maceda

Centro de día de Vilar de Barrio

O 16 de decembro de 2021 tivemos a visita dunha representación do Centro do día e do Fogar Residencial de Villar de Barrio.

Estiveron disfrutando vendo as pezas que se expoñen no Museo e revivindo e compartindo as súas experiencias vividas en relación coa medicina doutra época.

Contando e valorando o traballo dos médicos rurais dos seus tempos.

Páxina 4 de 6

Funciona con WordPress & Tema de Anders Norén