Categoría: Visitantes Páxina 1 de 6

Vodas de Ouro de María Carmen e Darío

O sábado 27 de decembro de 2025 recibimos a visita dun grupo de Vilagarcía de Arousa. A visita ao Museo do Médico Rural foi unha das actividades programadas por María Carmen e Darío para celebrar as súas vodas de ouro, hai exactamente 50 anos, o 27 de decembro de 1975, cando casaron. Hoxe, para celebralo, elixiron Maceda e incluíron unha visita ao noso museo no seu programa de actividades.

Esta moza parella xa visitara o museo noutras ocasións e quixo compartir esta experiencia cos seus amigos.

Tras a visita guiada a cargo do noso director, o doutor José Manuel Lage, recibiron un exemplar asinado do noso libro publicado, “Fragmentos da vida dun médico rural”.

A continuación, a parella rendeu homenaxe á medicina rural recitando o seguinte texto, acompañado dun agasallo de “Labregos”, unha peza de cerámica de Sargadelos:

“Para o Dr. José Manuel Lage, gardián da saúde e da alma da comunidade rural:

Esta entrañable figura de Sargadelos, representativa da esencia dos nosos labregos, evoca o seu traballo incansable e a súa profunda conexión coa terra e as súas xentes. Como médico rural e fundador do Museo do Médico Rural de Maceda, vostede encarna, a través da súa profesión, a dedicación, o humanismo e o sacrificio cara a quen máis o necesitaba: os pacientes do noso mundo rural.

Cada peza do seu museo conta unha historia de empatía, de mans amigas e dun compromiso inquebrantable que transcendeu a medicina para converterse nun legado cultural e humano. Do mesmo xeito que os labregos coidan a terra, vostede coidou das persoas, sementando benestar e recollendo respecto e afecto en cada fogar.

Que esta figura lle lembre sempre o valor perdurable do seu traballo, a nobreza do seu espírito humanista e o amor e a dedicación da súa profesión á súa comunidade.

Con profunda admiración e gratitude,

Dario Rodríguez Vila e familia.

Maceda, 27 de decembro de 2025

Galería de imaxes:

Visita da familia López Conde

O sábado 27 de decembro de 2025 recibimos a visita da familia López Conde e de representantes de Milhflor, distribuidora de produtos dietéticos e nutricionais. Durante a súa visita ao Museo, o director, o doutor José Manuel Lage, acompañounos e guiounos.

Durante a súa visita, e compartindo as súas impresións profesionais, destacaron o feito de que o Museo é único en Europa e que contaba cunha espectacular exposición sobre a historia da medicina rural e a súa evolución desde os primeiros remedios naturais con plantas medicinais ata a farmacoloxía moderna.

Galería de imaxes:

Visita de Fernando Folch

El 30 de mayo de 2025 recibiamos en el Museo del Médico Rural de Maceda la visita de Fernando Folch Blanch, pediatra jubilado del Hospital Infantil La Fe, de Valencia.

Durante la visita estuvo acompañado del director del Museo el doctor José Manuel Lage manifestando a este las gracias por su amabilidad y la gran impresión recibida al contemplar la labor desarrollada para crear este museo y homenajear a la medicina rural.

Visita do Centro de día Interxeneracional

Hoxe, 15 de abril de 2025 recibiamos no Museo do Médico rural de Maceda, acompañados polo director del Museo, o doctor José Manuel Lage a un grupo do Centro de día Intergeneracional de Ourense.

Visita catedráticos

Hoxe, 15 de abril de 2025 recibía o director do Museo, o doctor José Manuel Lage a un grupo entre os que encontrabase: o catedrático de Medicina e Ciruxía Animal da Facultade de Veterinaria de Lugo José Luis Benedicto e do Ingeniero Químico Antonio Macho decano dos químicos de España, así como o expresidente do Colexio de Veterinarios de Ourense Filemón Rodríguez.

Visita desde A Costa da Morte

El sábado 30 de noviembre de 2024 recibiamos una visita capitaneada por D. Braulio Pérez Astray procedentes de A Costa da Morte – A Coruña.

Braulio Pérez Astray, Doctor en Ciencias Económicas y Empresariales por la Universidade da Coruña También es licenciado en Geografía y Historia, en la especialidad de Historia Contemporánea, por la Universidad de Santiago de Compostela. Asesor y colaborador de diferentes organismos nacionales e internacionales para el diseño y desarrollo de políticas científico-tecnológicas y estrategias de innovación. Aunque lo que nos gustaría destacar es como autor del libro Médicos e medicina rural na Costa da Morte: A figura do doutor Manuel Pérez Maroño” [Hércules de Ediciones].

Narrando sobre la vida de su padre, Manuel Pérez Maroño, médico rural durante más de cuarenta años, reconocido como «uno de los médicos rurales más activos de la Costa da Morte durante la segunda mitad del pasado siglo», con una importante «labor de liderazgo de la clase sanitaria de la zona». Pero sobre todo sigue siendo recordado como un hombre de bien, próximo y humilde, de fácil trato, accesible a cualquiera independientemente de su origen o condición.

De esta visita nos hacen llegar este mensaje: “Impresión inmejorable. Te felicito de nuevo por ese magnífico museo, que sirve para poner en valor y  dignificar la profesión y magnífica labor de tantos médicos rurales de nuestra tierra. En particular, para mí ha sido muy emocionante, fue como retroceder cincuenta años y ver a mi padre en su consulta, con muchos de esos “aparellos” que se muestran en el museo, desde los rayos X hasta las jeringas, etc y también recordar a mi madre en su farmacia elaborando esas fórmulas magistrales…en fin, muy emocionante.

Gracias por hacer que la figura de mi padre forme parte del museo, es un grandísimo honor para toda la familia. Él estaría muy orgulloso de tan grande mérito.

Visita do “ICOIIG”

O 23 de novembro de 2024 recibimos a visita da Delegación de Ourense do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais e con eles os delegados dos diferentes Colexios Oficiais de toda Galicia no Museo do Médico Rural de Maceda.

Durante a visita recibiron explicacións do director do Museo, o doutor José Manuel Lage, e compartiron anécdotas e vivencias relacionadas coa historia da medicina.

O Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOEIG) é a corporación de dereito público que engloba persoas coa titulación de enxeñeiro industrial que desenvolven a súa profesión no mesmo ámbito xeográfico (Galicia), cuxo obxectivo é defender os lexítimos intereses dos colexiados, así como ordenar e valorar a súa actividade profesional na sociedade

A finalidade do colexio é:

  • Ordenar o exercicio da profesión
  • Ostentar a representación da profesión e a defensa da mesma ante os estamentos oficiais.
  • A defensa dos intereses profesionais dos colexiados.
  • Promover o desenvolvemento industrial sostible.

Visita de “A Cantarela”

O 27 de outubro de 2024 recibiamos a visita da Agrupación Micolóxica de Vilagarcía de Arousa “A Cantarela” ao Museo do Médico Rural de Maceda.

Durante a visita contaron coas explicacións do director do Museo o doutor José Manuel Lage e compartiron anécdotas e vivencias relacionadas coa historia da medicina.

O ano 1.979, a Axencia de Extensión Agraria de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) organizou unhas charlas sobre Micoloxía que foron a semente dunha afección que daría pé á fundación, no ano 1.983, da Agrupación Micolóxica de Vilagarcía de Arousa “A Cantarela”, desde ese ano celebráronse diversas actividades, este mes de novembro organizaron esta xornada dentro do “Outono Micolóxico”.

Visita Institucional do Conselleiro de Sanidade

O xoves 3 de outubro de 2024, recibíamos no Museo do Médico Rural de Maceda a visita de D. Antonio Gómez Caamaño en visita oficial como Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia.

O conselleiro foi recibido no Museo por Dr. Manuel Lage Parente, fundador e director do Museo, que foi o responsable de guiar a visita.

Durante a visita estivo acompañado de Dª. Uxia Oviedo de Dios, alcaldesa do Concello de Maceda, Dª. Sofía López Linares, directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria da Consellería de Sanidade, Dª. Laura López del Castillo, directora territorial da Consellería de Sanidade en Ourense y D. Celso Sánchez González, concelleiro de Cultura e Sanidade do Concello de Maceda.

Na visita manifestou a importancia deste proxecto que el xa coñecía e había visitado antes de ser nomeado conselleiro de Sanidade e o compromiso firme do apoio institucional.

O conselleiro, a continuación do Museo do Médico Rural de Maceda, visitou Xunqueira de Ambía para coñecer unha farmacia adherida ao programa de dosificación de tratamentos onde reivindicou a medicina e a farmacia rural pola súa “proximidade” e potencialidade de ofrecer unha atención “personalizada” aos pacientes.

Desta visita fixéronse eco distintos medios de comunicación como

EuropaPress

Faro de Vigo

La Región

Carmiña visita o Museo do Médico Rural

O mércores 18 de setembro de 2024, ás cinco da tarde, recibiamos a visita de María del Carmen Rodríguez Vázquez (Carmiña) como nos prometía cando nos recibía na súa casa no mes de maio deste ano.

Carmiña, que conta con 95 anos de idade, viúva do doutor Manuel Álvarez Vázquez que viviu entre 1896 e 1990 coñecido como médico de Ramiranes onde exerceu como médico rural utilizando o cabalo para ir visitar aos seus pacientes e famoso por conservarse varias fotografías trasladándose aos domicilios a lombos da súa montura.

Durante a visita, acompañada do doutor José Manuel Lage, director do Museo, manifestou a gran ilusión que tiña e que un dos seus desexos era visitar o museo e facerse unha foto á beira do retrato do seu esposo.

Relatounos historias da súa dilatada vida e do seu esposo das súas vidas e da súa experiencia no exercicio da medicina rural.

Páxina 1 de 6

Funciona con WordPress & Tema de Anders Norén