Categoría: Actualidade Páxina 2 de 16

“Historia da Mediciña Rural Galega” en Trives

Exposición en Pobra de Trives

Organizada polo Museo de Medicina Rural en colaboración có Concello de Pobra de Trives, a Asociación de Médicos Galegos (Asomega) e SEMG (Sociedad Española de Médicos Generales y de Familia) organiza unha exposición titulada: «Historia da Mediciña Rural Galega».

Nela, a través de paneis informativos, faise un percorrido pola menciña rural, empezando por unha presentación do Museo do Médico Rural, que se encontra en Maceda, e seguindo os aspectos que definen a un médico rural có obxetivo de describir o marco do exercicio médico rural a finais do siglo XIX y principios del XX,

O consultorio e os medios que tiñan, el Cabás médico e instrumental en general, la higiene en el medio rural, el cuidado de los niños, las diferencias generacionales, la evolución de las farmacias, y un amplio “recorrido” por la medicina del siglo XX.

Completando la exposición nos detendremos en el reconocimiento a la medicina rural en Trives en las figuras de Ramón Bermúdez, Alfonso Paz, Gabino García, Guillermo Bertólez,…

Esta exposición itinerante que iniciou a sua andadura na Romería de Raigame, en Vilanova (Celanova) chega a Pobra de Trives despois de visitar Maceda, Sevilla, Alicante e Murcia.

Poderase visitar dende o 13 de setembre de 2024 na Sala de Exposiciones do Edificio Santa Leonor do Concello de Pobra de Trives có siguinte horario:

Luns a Venres de 10:00 a 13:30 h
Sábados e Festivos de 11:00 a 14:00 h
Domingos Pechado

Acceso libre e gratuito.

PP Costa Rica visita Museo

Hoxe, 3 de setembro de 2024, recibimos a visita de dous dos curas que se atopan estes días no Santuario da Nosa Señora dos Milagres, formando parte do equipo grazas ao cal se celebran estes días as famosas Novenas dos Milagros.

Este é o P.P. Rogelio Díaz Cortés conselleiro provincial, promotor vocacional e director espiritual do Colexio Seminario de Costa Rica e P. P. Luis Roberto Suárez Cordero, Vicario da Misión de Talamanca e tesoureiro provincial, os dous Pais Paules da Congregación da Misión pertencentes ao Vice- Provincia de Costa Rica

Homenaxe ao Médico Rural en Laza

Un vínculo de proximidade e esperanza

Na vida das nosas vilas, onde o latexo da comunidade se funde coa terra que habitamos, o médico rural foi sempre unha figura central, un faro de esperanza e humanidade. Nun entorno onde as distancias se miden en estradas e non en quilómetros, onde as solucións non sempre están á volta da esquina, a medicina de proximidade xorde como o único nexo que une as nosas vilas cos avances da medicina moderna. É por iso que hoxe o Concello de Laza, en colaboración coa SEMG Galicia, ASOMEGA Rural, a Deputación de Ourense e Emerxencias Laza, ten o orgullo de homenaxear a aqueles que dedicaron a súa vida a coidar a saúde e o benestar dos nosos veciños.

Este acto, ademais de ser un recoñecemento á historia e o legado da medicina rural coa presentación dun traballo de honra que marcará un novo capítulo na nosa comunidade, tamén suporá a inauguración do novo centro de recollida de Emerxencias Laza. Un espazo que, como os nosos médicos do rural, estará sempre preparado para atender con dedicación e proximidade, sendo un piar de seguridade e apoio para todos.

Con esta homenaxe celebramos non só os médicos que deixaron a súa pegada no noso corazón, senón tamén o compromiso co futuro da medicina próxima, humana e sempre ao servizo do noso pobo. Que este encontro sirva para estreitar os lazos que nos unen e para lembrar que, en cada recuncho da nosa terra, a saúde e a vida seguen a ser a nosa maior riqueza.

Estará presidido polo doutor Julio Ancochea e o doutor Keith Albert Foo, presidentes de ASOMEGA e SEMG Galicia respectivamente, e coa valiosa presenza dos médicos rurais Dr. José Manuel Lage (Director do Museo Rural de Maceda), Dr. Manuel Solla (centro de saúde de Allariz) e o doutor Roberto Fernández (XLI Premio de Novela Eduardo Blanco Amor.) coa presenza das autoridades e institucións convidadas.

Entrevista en Medscape

Baixo o título: “A homenaxe da medicina rural española, a través do Museo do Médico Rural de Maceda (Ourense)” publicouse o 22 de agosto de 2024 unha entrevista co director do Museo do Médico Rural, Dr José Manuel Lage.

Medscape é o sitio de referencia en liña líder do mundo para médicos e profesionais da saúde de todo o mundo, que ofrece as últimas noticias médicas e perspectivas de expertos; información actualizada sobre medicamentos e enfermidades dependendo do paciente; e formación médica e profesional continua relevante para a práctica clínica.

Noticia completa

Entrevista en ConSalud.com

Baixo o título “Museo del Médico Rural de Maceda”, “único en Europa”: “Son 2.000 piezas reales donadas” recolle a web ConSalud.com a entrevista a José Manuel Lage, fundador do Museo do Médico Rural de Maceda na provincia de Ourense.

Horario durante as Festas

Con motivo da celebración das festas patronais de Maceda e os moitos visitantes que acercanse decidimos ter aberto o Museo (situado no andar baixo do Concello de Maceda) dende o venres día 9 hasta o martes 13 de agosto de 2024 en horario de 10 a 12h da maña e de 5 a 7 da tarde.

Vemonos n0 Museo do Médico Rural, Esperamovos !!!!!

BlueZone e o Museo Médico Rural

O 11 de xullo de 2024 recibíamos no Museo a visita dos investigadores Mario Rubiu e Ana Canelada

Estes investigadores continúan a visita que iniciaron co demógrafo Michel Poulain a Galicia, para observar de primeira man, se pode converterse na primeira rexión española e na sexta do mundo en contar cunha Blue Zone, a distinción outorgada por un comité científico internacional. aos territorios con maior esperanza de vida.

Se Galicia recibe este recoñecemento formaría parte deste club con mellor calidade de vida para os maiores, xunto con Sardeña (Italia), Ikaria (Grecia), Martinica (Francia), Nicoya (Costa Rica) e Okinawa (Xapón).

Estiveron acompañados como guía do Museo polo noso director, o doutor José Manuel Lage, como experto en lonxevidade de Ourense, o presidente da asociación Ourensividad, o farmacéutico Pablo García Vivanco, e o concelleiro de Cultura e Sanidade de Maceda, doutor Celso Sánchez. Asinaron no libro de honra do Museo e levaron consigo o libro “Retazos de la vida de un médico rural”.

A visita ao Museo complementouse cun intercambio de experiencias, vivencias e observacións sobre os estilos de vida dos longevos de Galicia e as múltiples semellanzas con Cerceña durante o xantar no Hotel Monumento Castillo de Maceda.

Visita del equipo BlueZone

O Museo na Radio Galega

Hoxe, 10 de xullo de 2024, o Museo Médico Rural volveu ser protagonista da man do noso director, o doutor José Manuel Lage, nas ondas da Radio Galega facendo unha presentación da figura do Doutor e da explicación e descrición do museo en Maceda.

O programa Convivir, presentado por Águeda Penedo, concentra nunha hora diversas problemáticas sociais, centrándose tanto nos afectados como na súa visualización. Igualdade, inclusión de colectivos marxinados socialmente, enfermidades, etc.

Poderase escoitar na sección A Carta da Radio Galega, emitiuse ás 21.00 horas.

https://agalegaaudio.gal/videos/detail/156270-convivir-10-07-2024

https://agalegaaudio.gal/videos/category/12946-convivir

Congreso de SEMG

Do 13 ao 15 de xuño de 2024 ten lugar no “Palexco” da cidade da Coruña o 30 Congreso Nacional de la Sociedad Española de Médicos Generales y de Familia , un encontro científico moi importante que sempre serviu de marco para o reencontro. , compartindo non só ciencia senón momentos de proximidade que humanizan a nosa loable profesión,

Baixo o lema “Marcando rumbo”, organizado pola Sociedad Española de Médicos Generales y de Familia (SEMG) organizado pola súa Comisión Permanente baixo a dirección da súa presidenta, a Dra. Mª Pilar Rodríguez Ledo.

O Museo do Médico Rural participa activamente no Congreso contribuíndo cunha exposición de obxectos e paneis que explican a historia da medicina rural.

O Museo en Telemiño

O museo do médico rural estará presente o 1 de xuño de 2024 ás 12:00 h na cadea de televisión ourensá Telemiño no programa “A Maiores” coa seguinte axenda para o programa de hoxe:

En cultura falan co pintor Leonardo Pereira e coa escritora Mercedes Gallego.

En saúde coa orientación de dous médicos xubilados, o doutor José Manuel Lage e o doutor Casiano Angel Feijóo.

Na sección de sociedade charlando co chef Carlos Parra

E na sección “O que me fai ben” conversarán con José Luis e Félix, ciclistas.

Páxina 2 de 16

Funciona con WordPress & Tema de Anders Norén