
Categoría: Actualidade


O curso estivo dirixido á poboación en xeral, sendo de especial interese para profesionais do sector sanitario e social, así como a todas aquelas persoas que queiran coñecer as orixes e evolución do actual Sistema Sanitario e a importancia dos profesionais sanitarios no benestar da poboación galega do rural.
Para poñer broche final á formación, visitouse o Museo do Médico Rural situado no Concello de Maceda, recentemente inaugurado e ao que se recomenda a súa visita, xa que están expostos material médico que progresivamente se foi incorporando á medicina desde principios de século ata o noso días, e que conta cunha exposición de máis de 1000 pezas catalogadas que utilizaban frecuentemente médicos e boticarios da época.
Finalizouse a visita debidamente…asinando no Libro de Honra.
Unha honra foi para todos os participantes do curso que o Dr Lage compartise connosco os seus coñecementos e experiencias dunha vida enteira ao servizo dos seus pacientes.
O 21 de outubro de 2019 tivemos como visitantes aos máis pequenos, o alumnado de 1º e 2º de Primaria do CEIP de Maceda que visitaron o Museo do Médico Rural
Comentaron divertidas e interesantes historias, coñeceron o intrumental médico, as técnicas e avances de tempos pasados…gozaron das nosas instalacións e das anécdotas e pedagoxía do noso ” guia” o Doutor José Manuel Lage.
Recordo da visita:
Inaugúrase en Maceda o Museo do Médico Rural en lembranza destes profesionais en informativos Tvg el 07/07/2019


Reportaxe emitido pola canle TeleMiño Tv o día cinco de xullo de 2019
DISCURSOS.
- D. Rubén Quintas.Alcalde de Maceda.
- Dr.José Manuel Lage Parente.´creador del Museo.
- Dr.Miguel AngelSantalices.Presidente del Parlamento de Galicia
- Dr.Jesús Vazquez Almunia.Conselleiro de Sanidad
- D.Jose Luis Baltar.Presidente Diputación de Ourense.
Asistiron ao devandito evento máis de duascentas persoas,e ao final dos discursos entoouse o himno galego,coa actuación da banda de gaitas do concello de Maceda.
Logo pasouse á visita do museo
Video da Inauguración:
Publicado na Voz de Galicia o día 07 de novembro de 2008









