Desde o 29 de novembro ata o 3 de decembro de 2025 contamos con Mike Whal, profesor biomédico canadense, que visitou Ourense co fin de gravar un documental: Health Explored, serie de saúde e lonxevidade vista en 85 países por 200 millóns de persoas e analizou estes días na provincia as razóns do alto índice de centenarios e a forma de vida de mans da asociación Ourensividad para, con este documental, dar a coñecer mundialmente a Ourense como un dos principais epicentros dunha vida sana, activa, plena e longa a nivel global.
Por parte do Museo do Médico Rural, como colaboración e parte da directiva de Ourensividad, estiveron acompañados polo director, o doutor José Manuel Lage, e polo secretario, José Juan Pérez.
O profesor biomédico estivo en festas tradicionais de Ourense como os magostos e profundou nas características de Ourense resaltando catro piares fundamentais para o alto número de centenarios: “a socialización e conexión interxeracional, o sistema de sanidade, a calidade da dieta atlántica e a calidade das augas termais”. Mike Whal destacou que existe unha “combinación dos saberes tradicionais e os coñecementos modernos e especialmente da nutrición”, polo que “o segredo aquí é a combinación de ambas as cousas como o saber popular coa medicina, nutrición e a ciencia”.









































































