Hoxe xoves 2 de novembro de 2023 tivemos unha reunión co persoal representativo da agrupación local de Cruz Vermella de Maceda para sentar as bases de colaboración entre esta entidade e o Museo do Médico Rural de Maceda.
Entregamos o noso libro “Fragmentos da vida dun médico rural” e recibimos material para os fondos do museo da Cruz Vermella.