Premio A Fonte Limpa
Premio A Fonte Limpa

O día 22 de outubro de 2022 ás 18.00 horas terá lugar no Salón Multiusos do Concello de Maceda a entrega do premio “A Fonte Limpa” e a presentación da Fundación Museo Médico Rural. Confirma a asistencia chamando ao 676 401 823 ou no correo electrónico lageparentejm@gmail.com

A gañadora do premio ‘A fonte limpa’, convocado por Asomega e patrocinado integramente por PSN, é unha iniciativa cunha vontade semellante de preservar a memoria dos que nos precederon e que aínda hoxe nos dan leccións de humanidade na práctica da medicina: o Museo do Médico Rural de Maceda (Ourense).

O premio dotado con 3.000 euros, enmarcado nunha iniciativa que explicou o presidente de PSN, Miguel Carrero: “O profundo sentimento humano foi quizais o primeiro elo que caracterizou a Facultade de Medicina compostelá -coñecida como ‘A Fonte Limpa’- en total dependencia e relación co espírito e a cultura milenarias do Camiño de Santiago”.

Os motivos aportados por Asomega e PSN para xustificar a concesión do Premio resúmense nos valores que a iniciativa do doutor Lage representa e fomenta, en concreto:

– Recoñecemento público á figura do médico rural, “amado co amor tácito e serio das aldeas” como dixo Otero Pedrayo.

– A potenciación da especial relación establecida entre o médico rural e o paciente. O propio Lage dixo nunha entrevista que “o xeito de tratar ás persoas e o amor que lles tiña e que tiñan por min compensou todo. Ese é un premio”.

– A reivindicación dunha forma de exercer a Medicina que se mantivo inalterable na súa esencia a pesar do paso do tempo: o médico rural que atende o parto, acompaña a maduración e alivia nas últimas horas.

– Consideración, en definitiva, do Museo como epítome da humanización da actividade profesional do doutor.

O Museo do Médico Rural de Maceda homenaxea a aqueles heroes silenciosos dos que non se adoita falar pero que tiveron unha importancia capital nas nosas vidas. Como sinala o propio Lage, o museo “recorda a aquel médico que estivo alí dende o nacemento ata o final, camiñando ata a casa da paciente por camiños ás veces inhóspitos para explicarlle algunhas probas, asistir a un parto ou tratar a un ferido”.

Crónica Fotográfica:

Repercusión en Prensa:

La Región

La Región

La Voz de Galicia

La Voz de Galicia

Faro de Vigo

Asomega

Correo Galego

O Sil