O 17 de agosto de 1908 saía á rúa o primeiro número do xornal “el Progreso” e xa no San Froilán aparece nas súas páxinas o personaxe Pelúdez.
Un labrego que a partir de entón, e da man de cinco sucesivos cronistas, difundiría os seus comentarios humorísticos sobre o día a día das máis fermosas festas do outono galego, e tamén sobre os distintos acontecementos do ano que, dalgún xeito, recapitulaba coa súa característica ironía.
Pelúdez e a súa familia convertéronse en figuras típicas e simbólicas do San Froilán de Lugo.
100 anos despois, e a través dun soño visitan Maceda, e nestas ilusións participan nunha festa co grupo musical “Os do Fuelle” polo videoclip ““Os do Fuelle ó tocar”, do cantautor Antonio Luz e a coreografía de Ana Martínez.
Guiados por Tareixa Campo e Suso Meilán, os membros do grupo de teatro afeccionado Achádego Teatro aprovéitano e visitan o “Museo do Médico Rural” e quedan gratamente impresionados pola colección de pezas e polas explicacións e paneis das distintas salas.