Hoxe, 10 de xullo de 2024, o Museo Médico Rural volveu ser protagonista da man do noso director, o doutor José Manuel Lage, nas ondas da Radio Galega facendo unha presentación da figura do Doutor e da explicación e descrición do museo en Maceda.

O programa Convivir, presentado por Águeda Penedo, concentra nunha hora diversas problemáticas sociais, centrándose tanto nos afectados como na súa visualización. Igualdade, inclusión de colectivos marxinados socialmente, enfermidades, etc.

Poderase escoitar na sección A Carta da Radio Galega, emitiuse ás 21.00 horas.

https://agalegaaudio.gal/videos/detail/156270-convivir-10-07-2024

https://agalegaaudio.gal/videos/category/12946-convivir