Categoría: Prensa Páxina 3 de 4

Revista Actualidad PSN nº 95

Revista Noviembre 2022 PSN nº 95
Revista Noviembre 2022 PSN nº 95

A revista informativa mensual da Previsión Sanitaria Nacional número 95 correspondente ao mes de novembro de 2022 inclúe o Museo Médico Rural de Maceda como tema central.

Baixo o título: “Sublime Humanidade, a Fundación Museo Médico Rural nace oficialmente para poñer en valor o traballo deste colectivo imprescindible”.

Na revista álzase o recoñecemento á Medicina Rural e testemuña como participante activo na creación da Fundación do Museo do Médico Rural como símbolo de excelencia, humanización e memoria.

Na portada da revista, unha foto do doutor Manuel Vázquez Álvarez (1895-1990), médico rural a cabalo, que exerceu na comarca de Ramirás-Celanova.

Revista PSN nº 95

https://fr.zone-secure.net/66564/1690395/#page=1

Entrega do premio ‘A Fonte Limpa’ ao Museo Médico Rural

Premio A Fonte Limpa
Premio A Fonte Limpa

O día 22 de outubro de 2022 ás 18.00 horas terá lugar no Salón Multiusos do Concello de Maceda a entrega do premio “A Fonte Limpa” e a presentación da Fundación Museo Médico Rural. Confirma a asistencia chamando ao 676 401 823 ou no correo electrónico lageparentejm@gmail.com

A gañadora do premio ‘A fonte limpa’, convocado por Asomega e patrocinado integramente por PSN, é unha iniciativa cunha vontade semellante de preservar a memoria dos que nos precederon e que aínda hoxe nos dan leccións de humanidade na práctica da medicina: o Museo do Médico Rural de Maceda (Ourense).

O premio dotado con 3.000 euros, enmarcado nunha iniciativa que explicou o presidente de PSN, Miguel Carrero: “O profundo sentimento humano foi quizais o primeiro elo que caracterizou a Facultade de Medicina compostelá -coñecida como ‘A Fonte Limpa’- en total dependencia e relación co espírito e a cultura milenarias do Camiño de Santiago”.

Os motivos aportados por Asomega e PSN para xustificar a concesión do Premio resúmense nos valores que a iniciativa do doutor Lage representa e fomenta, en concreto:

– Recoñecemento público á figura do médico rural, “amado co amor tácito e serio das aldeas” como dixo Otero Pedrayo.

– A potenciación da especial relación establecida entre o médico rural e o paciente. O propio Lage dixo nunha entrevista que “o xeito de tratar ás persoas e o amor que lles tiña e que tiñan por min compensou todo. Ese é un premio”.

– A reivindicación dunha forma de exercer a Medicina que se mantivo inalterable na súa esencia a pesar do paso do tempo: o médico rural que atende o parto, acompaña a maduración e alivia nas últimas horas.

– Consideración, en definitiva, do Museo como epítome da humanización da actividade profesional do doutor.

O Museo do Médico Rural de Maceda homenaxea a aqueles heroes silenciosos dos que non se adoita falar pero que tiveron unha importancia capital nas nosas vidas. Como sinala o propio Lage, o museo “recorda a aquel médico que estivo alí dende o nacemento ata o final, camiñando ata a casa da paciente por camiños ás veces inhóspitos para explicarlle algunhas probas, asistir a un parto ou tratar a un ferido”.

Crónica Fotográfica:

Repercusión en Prensa:

La Región

La Región

La Voz de Galicia

La Voz de Galicia

Faro de Vigo

Asomega

Correo Galego

O Sil

Museo Médico Rural na Radio Galega

Hoxe, 24 de abril de 2022 o Museo Médico Rural foi protagonista da man do noso director o Doctor José Manuel Lage nas ondas de Radio Galega facendo unha presentación da figura do Médico e a explicación e descripción do museo en Maceda.

Premios Rodolfo Prado

A Deputación de Ourense celebra a oitava edición da Ourense ICC Week (Semana das Industrias Culturais e Creativas), que comezará o venres, día 22, e rematará o venres 29 de abril de 2022.

Dentro de este certame, convoca por quinto ano, o premio “Rodolfo Prada” que ten o obxetivo valorar o traballo dos xestores de iniciativas culturais e creativa que se desenrrola no territorio galego.

Decidiu recoñecer a labor desenrrolada polo doutor José Manuel Lage no Museo do Médico Rural de Maceda (Ourense) otorgándolle o seu terceiro premio.

O xurado salientou que a iniciativa é pioneira no panorama museístico co seu obxectivo de “poñer en valor a figura do médico rural”. Destaca que está situado en Maceda por ser a localidade na que José Manuel Lage traballou durante catro décadas. Durante anos viaxou por diferentes lugares de España para recoller información e solicitar aos médicos obxectos que agora se poden ver neste museo.

A gestora cultural Yolanda Castaño é galardoada co primeiro premio, pola creación do ciclo internacional de recitais poéticos mensuais, titulado “Poetas Di (n) Versos”. “Este ciclo é o único estable que presenta poetas internacionais de forma periódica e regular en toda España”, sinala o poeta.

O segundo premio recae no Festival de Cine de Cans, organizado pola Asociación Cultural Arela. “Por Cans pasa a creación galega máis emerxente, que se converte nunha gran plataforma que dá visibilidade a dous novos creadores”, sinalan os organizadores.

Tamén unha mención especial á Fundación Contemporánea, polo fomento e a difusión de proxectos culturais, especialmente có estudio “Observatorio de la Cultura”.

Os galardons están dotados con 3.000; 2.000 e 1.000 euros, respectivamente. Ademáis, un diploma e escultura de Manuel Buciños. Entregaranse o 28 de abril, ás 20 h, no MuseoValcárcel.

Repercusión nos Medios:

Asomega

https://www.asomega.es/actualidad/2emmg/museo-medico-rural-premio-rodolfo-prada/

La Región

https://www.laregion.es/articulo/ourense/premio-rodolfo-prada-museo-medico-rural/202204192014161123918.html

El Faro de Vigo

https://www.farodevigo.es/ourense/2022/04/20/premios-rodolfo-prada-premian-yolanda-65166702.html

BadalNovas

https://badalnovas.com/2022/04/20/os-premios-rodolfo-prada-a-xestion-cultural-reconecen-a-yolanda-castano-ao-festival-de-cine-de-cans-e-ao-museo-do-medico-rural-de-maceda-e-conceden-unha-mencion-espacial-a-fundacion-contemporanea/

O Museo na Bitacora de Santiago Prol

Na Bitacora de Santiago Prol Maceda crónica extensa referenciando o Museo do Médico Rural de Maceda contando a sua historia, o seu percorrido, o seu estado actual e especial dedicación a persoa do Doutor José Manuel Lage Parente como artífice do Museo.

Artículo en Consalud.com

Artículo con el título: “Debemos dar más visibilidad a la medicina rural porque es la base de todo el sistema sanitario” publicado en la web conSalud.com, diario on-line en el sector sanitario

Entrevista revista PSN92

Dentro do número 92 da revista PSN publicada pola mutua Previsión Sanitaria Nacional (PSN) encontramos por un lado a entrevista realizada o doutor José Manuel Lage, director e promotor do museo do médico rural de Maceda así como o reconocemento outorgardolle a dito museo

Acceso a la revista

10º aniv Escola Rural de Saúde da Limia

A través do Museo do Doutor Rural tiven a oportunidade de dar a coñecer a figura do médico rural e manter un estreito contacto con dita institución. Antigamente o significado de escola era o que pagaba a pena facer durante o tempo libre e sodes verdadeiros mestres na difusión de algo tan esencial nas nosas vidas, como a saúde e os coidados que hai que seguir para preservala ou paliar os seus efectos cando por diversos motivos perdémolo. Durante esta pandemia, decatámonos do valor de estar sans e cumprirnos como persoas, e que ter fortuna e poder ten un papel secundario e efémero. Esforzas moito en resaltar o que significa vivir nas zonas rurais e que a xente se decate de que son lugares únicos baixo o sol que nos axudan a atopar a paz interior, a liberdade e a tranquilidade que tanto necesita o mundo actual. Esta combinación de escola, saúde e rural é perfecta e soubo bordalo, así que quero que reciba o meu sincero recoñecemento e parabéns polo 10o aniversario. A miña man sempre está para axudarche en todo o que necesites e podes contar co meu sincero apoio a esta nobre iniciativa, que non é outra que promover a saúde.

Ourensanos en su rincón

La Voz de Galicia, Domingo 14 de marzo de 2021

Feliz Navidad 2021

Páxina 3 de 4

Funciona con WordPress & Tema de Anders Norén