Baixo o título: «En Recuerdo al médico del rural en Laza» o xornal “La Región” de Ourense, no seu suplemento de sociedade “Vida” recolle unha breve crónica gráfica sobre as xornadas de homenaxe o médico Rural en Laza e a inauguración oficial da escultura sobre o médico Rural.
Categoría: Prensa Páxina 1 de 4
O xoves 3 de outubro de 2024, recibíamos no Museo do Médico Rural de Maceda a visita de D. Antonio Gómez Caamaño en visita oficial como Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia.
O conselleiro foi recibido no Museo por Dr. Manuel Lage Parente, fundador e director do Museo, que foi o responsable de guiar a visita.
Durante a visita estivo acompañado de Dª. Uxia Oviedo de Dios, alcaldesa do Concello de Maceda, Dª. Sofía López Linares, directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria da Consellería de Sanidade, Dª. Laura López del Castillo, directora territorial da Consellería de Sanidade en Ourense y D. Celso Sánchez González, concelleiro de Cultura e Sanidade do Concello de Maceda.
Na visita manifestou a importancia deste proxecto que el xa coñecía e había visitado antes de ser nomeado conselleiro de Sanidade e o compromiso firme do apoio institucional.
O conselleiro, a continuación do Museo do Médico Rural de Maceda, visitou Xunqueira de Ambía para coñecer unha farmacia adherida ao programa de dosificación de tratamentos onde reivindicou a medicina e a farmacia rural pola súa “proximidade” e potencialidade de ofrecer unha atención “personalizada” aos pacientes.
Desta visita fixéronse eco distintos medios de comunicación como
Baixo o título: «Exposición sobre a Medicina Rural» o xornal “La Región” de Ourense, no seu suplemento de sociedade “Vida” recolle unha breve crónica gráfica sobre a inauguración oficial da exposición sobre a historia da medicina rural en Galicia no colexio Santa Leonor de Trives e que se poderá visitar ata fin de ano de 2024
Baixo o título: « Trives acoge la exposición Historia da Medicina Rural Galega, avalada por Asomega y SEMG » recóllese a crónica sobre a inauguración oficial da exposición sobre a historia da medicina rural en Galicia no colexio Santa Leonor de Trives no boletín informativo que é publicado pola Asociación de médicos galegos (Asomega), contendo tamén as palabras integras dedicadas por Julio Ancochea, presidente de Asomega na súa intervención na devandita inauguración.
Baixo o título: « Trives inaugura la exposición de medicina rural » o xornal “La Región” de Ourense recolle a crónica sobre a inauguración oficial da exposición sobre a historia da medicina rural en Galicia no colexio Santa Leonor de Trives e que se poderá visitar ata fin de ano de 2024
Baixo o título: « De cuando el médico iba a caballo a pasar consulta casa por casa… y sin cobrar» o xornal “La Voz de Galicia” recolle a crónica sobre a inauguración oficial da exposición sobre a historia da medicina rural en Galicia no colexio Santa Leonor de Trives e que se poderá visitar ata fin de ano de 2024
Baixo o título: “A homenaxe da medicina rural española, a través do Museo do Médico Rural de Maceda (Ourense)” publicouse o 22 de agosto de 2024 unha entrevista co director do Museo do Médico Rural, Dr José Manuel Lage.
Medscape é o sitio de referencia en liña líder do mundo para médicos e profesionais da saúde de todo o mundo, que ofrece as últimas noticias médicas e perspectivas de expertos; información actualizada sobre medicamentos e enfermidades dependendo do paciente; e formación médica e profesional continua relevante para a práctica clínica.
Baixo o título “Museo del Médico Rural de Maceda”, “único en Europa”: “Son 2.000 piezas reales donadas” recolle a web ConSalud.com a entrevista a José Manuel Lage, fundador do Museo do Médico Rural de Maceda na provincia de Ourense.
Baixo o título: “Genoveva Vázquez, a partureira de Xinzo, ya tiene su sitio en el Museo del Médico Rural de Maceda” o xornal La Voz de Galicia recolle un acto de celebración do día internacional da Partera do Museo do Medico Rural en colaboración co a Escola de Saúde da Limia e a colocación dun mural sobre o tema.
Bajo el título “Maceda custodia la historia de la medicina rural” se hacía eco el diario Faro de Vigo de la visita de la Sociedad Española de Médicos Generales y de Familia.
Noticia digital:
https://www.farodevigo.es/ourense/2024/04/27/maceda-custodia-historia-medicina-rural-101630060.html