Hoxe, 18 de maio de 2023, o noso presidente, o doutor José Manuel Lage, recibiu e fixo de guía do Museo do Médico Rural a un grupo de persoas da Asociación de Xubilados de Caixanova de Ourense.
Durante a visita guiada fixeron un percorrido polas nove áreas temáticas do museo, explicando a verdadeira historia da medicina rural…
Os visitantes comentaron que tiveron a oportunidade de coñecer e valorar ao médico rural… vocacional e humanitario.
Despois foron ao Hotel Monumento Castelo de Maceda onde comeron, e durante a comida posterior sortearon dous libros dedicados de “Retazos de la vida de un médico rural”