O domingo 23 de abril de 2023 temos no Museo unha visita organizada pola Asociación Cultural e Xuvenil Río Gallo de Cuntis-Pontevedra.

A viaxe organizada por terra ourensá comezou o sábado 22 de abril de 2023 cunha visita á igrexa de Santa Eufemia e ao mosteiro de Santa María a Real en Xunqueira de Ambia, seguida dunha visita a Allariz. Ao día seguinte, despois de visitar o conxunto histórico de Santa Mariña de Augas Santas e o conxunto arqueolóxico de Amea, dirixíronse a Maceda e dentro do espazo para coñecer a vila aproveitaron para facer unha visita guiada ao Museo da Médico Rural da man do noso presidente Doutor José Manuel Lage. Para logo volver ás súas casas en Cuntis.

Crónica fotográfica:

Facebook de la asociación con reseña de la visita:

https://www.facebook.com/profile.php?id=100001919828949&locale=es_ES