O mércores 10 de agosto de 2022 recibimos a visita de Joan Soriano no Museo Médico Rural de Maceda.
Joan B. Soriano, epidemiólogo do Servizo de Pneumoloxía do Hospital Universitario da Princesa e investigador do CIBERES (Center for Biomedical Research Networking in Respiratory Diseases) é tamén o representante en España da Organización Mundial da Saúde.
Xunto a Joan Soriano recibimos a visita de Julio Ancochea, presidente de Asomega, xefe do Servizo de Pneumoloxía do Hospital de La Princesa de Madrid e profesor de Medicina da UAM.