Un novo programa de “Cociñeta”, o gastro-homenaxe para argallar unha importante e sentida homenaxe a alguén que o mereza (moito). Neste programa, o elixido para a nosa homenaxe será José Manuel, un médico rural dos de toda a vida, querido e respectado polos seus veciños logo de case 40 anos de servizo a comunidade.

O vínculo deste médico ca súa vila é tal, que ven de fundar en Maceda un museo único en Europa, no que pon en valor a profesión do médico rural, que ía a cabalo polas corredoiras moito antes de que houbese pistas, coches ou teléfonos!

Nesta homenaxe, os cociñetos contaron con moitos cómplices para que todo saira á perfección, e así , foron familia, amigos e veciños os que axudaron a que esta sorpresa fose posible.

Asemade, contaron coa axuda de Encarna, unha cociñeira de Maceda, que fixo unhas filloas moi especiais, cun recheo de pemento que puxo en valor os produtos desta zona.

Se non o viches, tes eiqui o enlace o programa:

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-coci-eta-4538882?t=23