A Deputación de Ourense celebra a oitava edición da Ourense ICC Week (Semana das Industrias Culturais e Creativas), que comezará o venres, día 22, e rematará o venres 29 de abril de 2022.

Dentro de este certame, convoca por quinto ano, o premio “Rodolfo Prada” que ten o obxetivo valorar o traballo dos xestores de iniciativas culturais e creativa que se desenrrola no territorio galego.

Decidiu recoñecer a labor desenrrolada polo doutor José Manuel Lage no Museo do Médico Rural de Maceda (Ourense) otorgándolle o seu terceiro premio.

O xurado salientou que a iniciativa é pioneira no panorama museístico co seu obxectivo de “poñer en valor a figura do médico rural”. Destaca que está situado en Maceda por ser a localidade na que José Manuel Lage traballou durante catro décadas. Durante anos viaxou por diferentes lugares de España para recoller información e solicitar aos médicos obxectos que agora se poden ver neste museo.

A gestora cultural Yolanda Castaño é galardoada co primeiro premio, pola creación do ciclo internacional de recitais poéticos mensuais, titulado “Poetas Di (n) Versos”. “Este ciclo é o único estable que presenta poetas internacionais de forma periódica e regular en toda España”, sinala o poeta.

O segundo premio recae no Festival de Cine de Cans, organizado pola Asociación Cultural Arela. “Por Cans pasa a creación galega máis emerxente, que se converte nunha gran plataforma que dá visibilidade a dous novos creadores”, sinalan os organizadores.

Tamén unha mención especial á Fundación Contemporánea, polo fomento e a difusión de proxectos culturais, especialmente có estudio “Observatorio de la Cultura”.

Os galardons están dotados con 3.000; 2.000 e 1.000 euros, respectivamente. Ademáis, un diploma e escultura de Manuel Buciños. Entregaranse o 28 de abril, ás 20 h, no MuseoValcárcel.

Repercusión nos Medios:

Asomega

https://www.asomega.es/actualidad/2emmg/museo-medico-rural-premio-rodolfo-prada/

La Región

https://www.laregion.es/articulo/ourense/premio-rodolfo-prada-museo-medico-rural/202204192014161123918.html

El Faro de Vigo

https://www.farodevigo.es/ourense/2022/04/20/premios-rodolfo-prada-premian-yolanda-65166702.html

BadalNovas

https://badalnovas.com/2022/04/20/os-premios-rodolfo-prada-a-xestion-cultural-reconecen-a-yolanda-castano-ao-festival-de-cine-de-cans-e-ao-museo-do-medico-rural-de-maceda-e-conceden-unha-mencion-espacial-a-fundacion-contemporanea/