O xoves, 20 de abril de 2023, ás 20:00 h. No salón de actos do Liceo Ourensán presentouse a Asociación Ourensividad, coa participación activa do Museo Médico Rural de Maceda.

Esta asociación valora a alimentación local, os hábitos saudables e o termalismo. Plantea Ourense como paradigma mundial de lonxevidade.

Este proxecto que aspira a converter a Ourense nun referente da Longevidade.

Acto

Nesta conferencia e presentación contamos cos seguintes participantes:

– Juan Maceiras – Xornalista de Radio Cope: Quen foi o encargado de presentar e conducir o acto

– José Manuel Lage – Fundador do Museo Médico Rural de Maceda: que fixo unha exposición sobre a evolución e mellora das condicións asistenciais médicas e a presentación do Museo adicado ao Médico Rural de Maceda.

Pablo G. Vivanco – Farmacéutico Dietista Nutricionista: Como presidente da asociación, explicou os motivos polos que Ourense se converterá en breve no foco mundial da lonxevidade, facendo fincapé nos factores sociais, psicolóxicos e nutricionais. As calidades da dieta atlántica, os produtos locais e a súa calidade. Como exemplo de todo isto proxectouse un vídeo no que a centenaria ourensá Esperanza Cortiñas relatou as súas experiencias vitais.

Cristina Conde – Nutricionista Farmacéutica: foi a encargada de pechar o acto de presentación da asociación, dos seus fins, das súas actividades, dos socios fundadores e dos proxectos de futuro desta asociación que viu a luz hoxe e a súa presentación na sociedade.

O acto multitudinario celebrouse no salón de actos do Liceo Ourensano.

Reportaxe fotográfica: