O Museo está situado na planta baixa da Casa do concello e expón material médico orixinal desde principios do século pasado ata os nosos días.

Institucións, familias e particulares doaron aparataje, documentación e fotografías para os fondos do Museo mentres que os artesáns do Museo Oleria de Batán en Tioira xunto a artistas como Maite Vázquez ou Leandro Sánchez colaboraron no proxecto.

Este Museo do Médico Rural contén máis de 2.000 pezas catalogadas que utilizaba frecuentemente o médico rural. Entre elas hai fórceps cos que se realizaban o 90 por cento dos partos no rural; fonendos de principios de século; básculas para pesar bebés, aparellos de ecografía e electrocardiografía, pinzas e instrumental cirúrxico e microscopios.

O museo está organizado en dez salgas temáticas:

  • CONSULTA MÉDICA.

É da década dos 50 e recrea o mobiliario típico das consultas rurais da época, con mesa, cadeiras e un armario a xogo e pequenos detalles como o teléfono de mesa ou unha máquina de escribir Olivetti. Destaca unha orla dunha promoción da Facultade de Medicina do ano 1927 ao 1933, o xuramento Hipocrático, un titulo de Medicina e diversos cadros de pintura, diplomas, así como un reloxo de parede acorde coa época do despacho.

  • SALA DE EXPLORACIÓNS

Vitrina con multitude de materiais médicos, distintos tipos de padiolas de principios e mediados de século, tallimetros, basculas pesabebés, lavativas, porta soros, mesillas para curas, máscaras metálicas, espellos de Clark, bombona de osixeno..

  • SALA DE RADIOLOXÍA

Nesta sala podemos atopar aparellos de radioscopia dos anos 60, raios X portátil do 70, raios X dental do 80, aparello de radiografía dos 90 e os pesados mandís e luvas de chumbo que se usaban como protección. Tamén expoñemos diversos negatoscopios para visualizar as radiografías.

  • SALA DE REVELADO O CUARTO ESCURO

Expoñemos diversas formas de revelado, tanto manual como automático.

  • SALA DE ELECTROLOGÍA

Algúns médicos do rural utilizaban materiais diversos para aliviar a dor e a inflamación dos seus pacientes: lámpada de luz ultravioleta, aparellos de onda curta, laser, tens etc.

  • LABORATORIO

Recompilación de distintos materiais para a realización de analíticas, tanto de sangue como de ouriños, e que servían aos médicos rurais para completar o seu diagnostico.

  • ESTERILIZACIÓN

Temos varios modelos de esterilizadores de mediados do século XX de calor seca e de vapor, tamén chamados autoclaves.

  • SALA DE INSTRUMENTAL

É a sala principal do museo , onde se sitúan 3 aparellos pioneiros na provincia : aparello de raios X transportable do ano 30 , cuxas radiografías se revelaban no interior dun coche Fiat Balilla, ,un electrocardiógrafo dos anos 60 en caixa de madeira e de gran peso, e un ecógrafo dos anos 80 que hoxe nos sorprende polo seu gran volume.

Hai en @dicha salga 13 vitrinas médicas nas que podemos observar:

Vitrina 1: termometros de mercurio, xiringas metálicas e de vidro. Materiais para suturas: pinzas, bisturís, tesoiras, grampadoras, catgut, sedas, e diversas caixas de esterilización.

Vitrina 2: utensilios para a exploración de oídos, nariz, garganta, ollos, sistema nervioso, pulmón etc. Pódese observar un maletín con todo o instrumental que levaba o médico nas visitas domiciliarias.

Vitrina 3: Na primeira metade do século XX os medicamentos preparábanse de forma artesanal na botica. Hai tarros, e multitude de frascos que aínda conteñen os seus principios activos, así como básculas de precisión, morteiros, libros de farmacia etc.

Vitrina 4,5,6: Instrumental de laboratorio utilizado polos boticarios, caixas de medicamentos da primeira metade do século XX(selos, pastillas, gránulos, pílulas, perlas, pomadas etc.),e unha vitrina dedicada ao farmacéutico oriúndo de Maceda ,Juan Vidal, de principios de século ,e onde mostramos distintos instrumentos orixinais do Laboratorio X2 , que foi un referente a nivel nacional, chegando a patentar varios produtos que se difundiron por Europa, América, e Asia.

Vitrina 7,8: Dedicada ao practicante rural, onde podemos observar maletíns, manuais, aparellos de esterilización, e de tensión, agullas, xiringas, caixas metálicas, gasas, vendas, sondas, equipos de soros etc.

Vitrina 9: Fonendos e aparellos de tensión.

Vitrina 10: Oscilómetros, doppler, electrocardiógrafos.

Vitrina 11: material de xinecoloxía como fórceps, pelvímetros, espéculos, dilatadores, ventosa obstétrica. Vitrina12: Instrumental empregado polo dentista rural na súa consulta, así como unha mostra dos distintos espéculos utilizados polos médicos rurais.

Vitrina 13: Microscopios e lupas. Logo poden observar nos andeis, unha colección de maletíns médicos de distintas épocas, así como diversos aparellos de ecografía utilizados na zona rural.

  • BIBILIOTECA DO MÉDICO RURAL

Recompilación de libros, manuais e documentos que utilizaban os médicos rurais, tanto na súa etapa de formación universitaria como no seu posterior desempeño profesional.

  • EPILOGO

A creación dos Centros de Saúde.